Satanizar, endiosar y creer es más cómodo y rentable que analizar, contextualizar y dudar

domingo, 31 de enero de 2010

O 5 de febreiro sairán á rúa as "55 mentiras sobre a lingua galega"

ProLingua, plataforma civil comprometida coa defensa da lingua galega, presentará o venres día 5 de febreiro (ás oito e medio do serán) en máis de medio cento de cidades de Galicia, do resto de España e do estranxeiro o libro 55 mentiras sobre a lingua galega, compendio de textos coordinado por Xosé Henrique Costas, profesor da Universidade de Vigo, e que edita Laiovento.
O libro é un argumentario sinxelo, ao tempo que sólido e rigoroso, que axuda a valorar e superar as valoracións e interpretacións subxectivas e ideoloxizadas que se teñen feito sobre a lingua desde ópticas partidistas que nalgúns casos só teñen por obxectivo frear a normalización de usos da lingua no propio país galego.
LIGAZÓNS de interese:

0 Comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

NOTA:
ImP no publicará injurias ni difamaciones, ni textos que imputen a una persona delitos penales sin aportar pruebas o mediar sentencia firme.