Satanizar, endiosar y creer es más cómodo y rentable que analizar, contextualizar y dudar

sábado, 24 de julio de 2010

Hoxe, a Galicia que pensa sen medo espertou cunha nova non desexada: pecha Vieiros

Hoxe, Galicia espertou cunha nova non desexada para todos os que pensan sen medo e utilizan a Rede para, entre outros obxectivos, practicar a liberdade: pecha Vieiros.   
Lois Rodríguez, editor de Vieiros:   
"Nacemos cando a Rede galega estaba aínda en cueiros e ningún medio do país estaba na web. Tivemos a mesma forma de entender Galiza que aquela revista homónima do exilio liderada por Luís Soto: un país moderno e aberto ao mundo, sen complexos e con todo o futuro por diante...  
"Como punto de referencia dos internautas galegos no mundo, Vieiros chegou a ter até máis de trinta correspondentes-colaboradores en diferentes lugares do mundo: desde Gotemburgo a Nova York pasando por Bos Aires e O Bierzo. Asemade, deulle abeiro a colectivos e outras publicacións, como o IGADI, Tempos Novos, Canal Ciencia, Federación Ecoloxista Galega ou Irimia...   
"Sen embargo, e a pesar dos seus máis de 20.000 lectores diarios, Vieiros nunca foi un medio rendible e necesitaba absorber parte dos recursos necesarios para sobrevivir dunha empresa do mesmo accionariado...  
"Neste momento, só resta darlles as grazas a todos os lectores, aos que creron neste proxecto, colaboraron nel e puxeron o seu grao de area para que outro xornalismo galego fose posible. E moi especialmente aos traballadores e aos opinadores, pola súa entrega e compromiso inesgotable".  
Compre non esquecer as razóns ¿económicas? do peche.    
LIGAZÓN ao "Comunicado de ProLingua ante o peche de Vieiros".

0 Comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

NOTA:
ImP no publicará injurias ni difamaciones, ni textos que imputen a una persona delitos penales sin aportar pruebas o mediar sentencia firme.