01 abril 2012

Domingo negro na Galicia: Lume no paraíso das fragas do Eume

Desde as dúas da tarde donte, as lapas están a destruír o paraíso natural das fragas do Eume, que é o bosque atlántico máis coñecido e un dos mellor conservados de Europa.
O sinistro inicióuse no concello de A Capela e a mediodía de hoxe a Administración autonómica recoñeceu que as lapas xa calcinaran 750 hectáreas --á mesma hora outras fontes falaban de 800/850 hectáreas.
Antes de rematar a xornada, ás 22 horas, a Xunta de Galicia, as organizacións ecoloxistas, os propietarios de parcelas e os veciños coinciden en que o lume foi provocado. Polo de agora, xa está confirmado que houbo alomenos tres focos iniciais.
..
Foto, César Toimil / La voz de Galicia
INFORMACIÓN en galego, Praza Pública,
INFORMACIÓN en castellano, en 20minutos.
ANÁLISE e informacións de interese:
* "Xurés, Limia, Courel, Macizo Central... E agora as fragas do Eume en chamas", ADEGA;
* "Las Fragas do Eume víctimas del fuego", Efeverdevídeos , vía YouTube, y
* "Créase plataforma en defensa das Fragas do Eume", en GALICIA CONFIDENCIAL;
* Páxina web de EUME·TURISMO.
...
O pasado é actualidade
Marzo 2010: A Xunta ven de aprobar
un proxecto minerio xunto ao parque natural
..
Consellería de Medio Ambiente ven de conceder a declaración de impacto ambiental ao proxecto da empresa Picobello Andalucita para unha explotación mineira en Goente (concello de As Pontes), nun paraxe veciño das fragas e que suporá a práctica destrución dun afluente do Eume, o Belelle.
Este proxecto foi rexeitado polo anterior goberno autonómico (PSdeG-BNG) por razóns medioambientais e polos danos que pode causar no equilibrio ecolóxico do bosque atlántico [agora ferido polo lume]. Nembargantes, o actual goberno, presidido por Núñez Feijoo (PP), considera que a iniciativa mineira é «medioambientalmente viábel».
Trala aprobación do estudo de impacto, a empresa só está pendente do permiso da Consellería de Industia  para proceder á compra e ás expropiacións de terreos; de feito, hai propietarios que xa recibiron ofertas verbais.
DE INTERESE:
* "Picobello Andalucita moi nomeada nun interesante e actual informe de conxuntura mineira sobre a andaluzita", post informativo datado no xuño do ano pasado no blogue O PICO VELLO, y
* "Unha mina a ceo aberto na cabeceira do Belelle afectará as Fragas do Eume", na web da ADEGA.

1 comentario:

  1. Aquí el único paraíso que no arde (y que protege el gobierno) es el paraíso fiscal

    ResponderEliminar

NOTA: En ImP no se publicarán injurias ni difamaciones, ni tampoco imputaciones de faltas o delitos sin aportar pruebas, datos judiciales o sentencia.
Sólo se publicarán los anónimos que a criterio del administrador sean de interés.