03 abril 2012

O lume nas fragas do Eume está a destruír moito máis cun bosque

A primeira hora de hoxe o incendio nas fragas do Eume continúa activo, aínda que o seu perímetro está controlado. Segundo os cálculos da Xunta de Galicia, o lume destruíu 750 hectáreas, 370 delas de alto valor natural. Outras fontes, incluídos os alcaldes da zona, afirman que a superficie queimada é de 1.000 hectáreas.
[Mapa do parque e da zona afectada]
Sobre as características dese bosque, a súa singularidade e a importancia do que as lapas están a destruír, paga a pena ler o seguinte texto:
..
Ilustrazón, Pinto & Chinto 
«O incendio nas fragas do Eume provocou unha enorme alarma na opinión pública: ¡está ardendo o mellor bosque atlántico de Europa! ¿É esta alarma xustificada? A miña opinión é que en parte si, aínda que se están manexando datos parcialmente equivocados. En efecto, o concepto atlántico é utilizado para definir unha rexión bioxeográfica de Europa cunhas determinadas condicións climáticas marcadas pola presenza do océano Atlántico, e que vai desde o río Douro en Portugal ata a península escandinava, incluíndo toda a cordilleira cantábrica. Os bosques de Muniellos e Somiedo en Asturias, ou a devesa da Rogueira nas galegas montañas do Caurel, son bosques atlánticos, igualmente valiosos e únicos. O que fai especiais aos bosques atlánticos das fragas do Eume é que se sitúan ao nivel do mar, polo que o seu clima é máis cálido, posibilitando a existencia de especies que requiren calor e humidade, condicións parecidas ás que existían en toda a contorna mediterránea antes das glaciacións cuaternarias»
[Máis, en "Lume nas fragas do Eume", por Carlos Vales, en La voz de Galicia].
..
Tamén convén prestar atención á reforma que fixo o actual Goberno autonómico da lei de prevención e defensa contra os incendios forestais, pois reduciu de 100 a 50 metros a zona de protección, entre outras modificacións de corte populista [ver PRAZA PÚBLICA].
-- 
MÁIS información, en PRAZA PÚBLICA (gal).
EN CASTELLANO, en El país.
..
CON ANTERIORIDADE:
"Domingo negro na Galicia: Lume no paraiso das fragas do Eume", con ligazóns referidas á explotación mineira que o Goberno galego aprobou nas proximidades do parque.
..
DE INTERESE:
"Carta aberta ao presidente da Xunta: Arden as Fragas", por Xabier P. Docampo,
Listrado de blogues dedicados á ecoloxía. .
RELACIONADO:
"La Administración y la sociedad gallegas comprenden la destrucción del complejo lacustre de Valdoviño".

1 comentario:

  1. É unha pena e non podo entender como ainda pasan cousas deste tipo e de como determinados individuos non toman conciencia do que fan...A intencionalidade non a entendo.

    ResponderEliminar

NOTA: En ImP no se publicarán injurias ni difamaciones, ni tampoco imputaciones de faltas o delitos sin aportar pruebas, datos judiciales o sentencia.
Sólo se publicarán los anónimos que a criterio del administrador sean de interés.