03 mayo 2012

As empresas de información perderon 6.000 empregos nos últimos catro anos

Hoxe, co gallo do Día Mundial da Liberdade de Prensa, celebráronse concentracións de xornalistas en toda España.
Manifesto do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), do que é autor Alfonso Hermida:
«Nunca imaxinei que chegaría un día en que os xornalistas tivesemos que tomar partido, dar un paso adiante e significarnos para salvar a profesión da deterioración á que está sometida nos últimos anos.
«A maioría de nós non temos esa vocación, pero resistímonos a ser vítimas da apatía, da indiferenza. As circunstancias obrígannos. O xornalismo encamíñase cara á súa autodestrución e chegou o momento de reaccionar antes de que o último de nós asine a carta de defunción, apague a luz e peche a porta.
«Nos últimos catro anos perdéronse máis de 6.000 empregos na profesión, pecháronse 52 medios de comunicación e abríronse 23 expedientes de regulación de emprego (ERE), segundo os datos da Federación de Asociaciones de Periodistas de España...»

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

NOTA: En ImP no se publicarán injurias ni difamaciones, ni tampoco imputaciones de faltas o delitos sin aportar pruebas, datos judiciales o sentencia.
Sólo se publicarán los anónimos que a criterio del administrador sean de interés.