04 octubre 2012

Pokemon: Das xeralizacións á satanización do sistema democrático

Artigo publicado en GALICIA CONFIDENCIAL.

Si, xa sei que a Operación Pokemon saiu do teatro da actualidade é, por riba, é unha teima "podre" que serve para facer interpretacións de parte. Pero a instrutora da investigación decidiu libremente poñer en marcha a máquina da Xustiza nun momento e nun escenario socio-político concretos, o que converteu Pokemon nunha referencia.
Na miña opinión, o máis salientable desa referencia e das coincidencias que a caracterizan (a detención de xestores públicos, a convocatoria das eleccións autonómicas e a instrumentalización mediática dos feitos ) radica en que están a contribuir á satanización da actividade política e da Administración pública. O que abunda nun fenómeno perigoso, pois desde hai un tempo no Reino de España hai entidades e xentes interesadas en desprestixiar a actividade política.
A finalidade destas liñas non é sinalar as responsabilidades dese fenómeno, pois están moi repartidas é hainas de diferente profundidade, mesmo involuntarias.
Coido que o maís urxente é advertir que moitas das persoas que imputan á actividade política todos os problemas da sociedade teñen intencións concretas, excluídos os que o fan por desinformados ou por ignorancia.
Entre outras parvadas fáciles de crer, os satanizadores afirman que a perda de valores éticos ou morais é froito das liberdades civís. E xusto agora, ¡outra coincidencia!, coas eleccións xa convocadas hai quen critica a existencia de "demasiadas alternativas" políticas, ou insisten en que a crise económica é culpa dos cidadáns porque estivemos a vivir por riba das nosas posibilidades…
Na contra das xeralizacións, compre subliñar que por cada dirixente político que resulta acusado ou imputado nunha investigación xudicial relacionada coa vida económica hai ducias, ¡ás veces centos!, de persoas alleas á actividade política organizada que están implicadas no episodio, sexa directamente ou por pechar os ollos.
Pois pechar os ollos ("eu paso da política", acostuman a dicir os ingenuos e tamén os que se disfrazan de inocentes) é un dos pilares fundamentais para desprestixiar o sistema democrático, que é imperfecto, certo, pero imprescindíbel para facer posible a convivencia.
Convocadas as eleccións do 21-O, na miña opinión compre relativizar o valor da Operación Pokemon e lembrar de cotío que satanizar de xeito xeralizado a actividade política, aos políticos é aos funcionarios públicos é unha das ferramentas máis e mellor utilizadas polos inimigos da democracia e polos partidarios de que gobernen os mellores, que sempre son os que eles din…
..
CON ANTERIORIDADE e relacionados:
"A un mes del 21-O, una juez cuyo marido es dirigente del PP, encarcela al alcalde socialista de Ourense".
"La corrupción no es hija de la política ni de los partidos".
..  
ACTUALIZACIÓN (3 enero 2013):
El alcalde de Santiago, Ángel Currás (PP), ha sido imputado por la juez instructora de la Operación Pokemon. Más detalles en El paísFaro de VigoGALICIA CONFIDENCIAL y PRAZA PÚBLICA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NOTA: ImP no publica injurias ni imputaciones de faltas o delitos sin aportar pruebas ni referencias judiciales o sentencia.
Sólo serán publicados los anónimos que a criterio del administrador sean de interés.