13 noviembre 2012

Dez anos despois, o "Prestige" está afundido no xulgado

«O mércores 13 de novembro de 2002 a área marítima de Fisterra atopabase baixo a influencia dunha forte borrasca, con chuvias de grande intensidade, ventos do Suroeste, forza 8 e 9, con rachas de ata 110 km/h, e mar grosa con ondas de 6 metros.
«Ás 15,15 horas dese día, o Centro Zonal de Coordenación de Salvamento e Loita contra a Contaminación de Fisterra recibe unha chamada de socorro procedente dun buque en apuros, do que o seu capitán informa que presenta unha gran escora e que se atopa en risco de afundimento, polo que solicita a evacuación da súa tripulación.
«Tratábase do buque tanque monocasco Prestige, de 243,49 metros de eslora, 34,4 metros de manga e 81.589 toneladas de peso morto, construido en Xapón 26 anos atrás; propiedade da empresa de Liberia Mare Shipping INC; explotado pola compañía Universe Marítime, con sé en Grecia; abandeirado en Bahamas; clasificado por American Bureau of Shipping, dos USA; e asegurado de responsabilidade civil no Reino Unido, por The London P&I Club; que fletado por Crown Resources, con sé en Suiza, procedente de Letonia e cunha tripulación composta por 27 persoas nacionais de Filipinas, Grecia e Rumanía, transporta 77.033 toneladas de fuel oil pesado, tipo M-100, tendo como destino Singapur con parada prevista en Xibraltar».
Hoxe, dez anos despois do sinistro [por riba, martes 13], aínda está celebrarse a vista oral do xuízo polo desastre medioambiental causado polo buque-tanque. 
SEGUE en "A zona 0 do Prestige", en GALICIA CONFIDENCIAL.
MÁIS, en:
* "Catástrofe del Prestige", El país;
* "Dez anos do Prestige", PRAZA PÚBLICA;
* "Diez años de la catástrofe del Prestige", en NOROESTE IBÉRICO;
* "Diez años de una tragedia", La voz de Galicia, y
* "Trama Prestige".

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NOTA: En ImP no se publicarán injurias ni difamaciones, ni tampoco imputaciones de faltas o delitos sin aportar pruebas, datos judiciales o sentencia.
Sólo se publicarán los anónimos que a criterio del administrador sean de interés.