22 enero 2013

"Quen é quen no financiamento do PPdeG co Gürtel"

A confirmación de que dirixentes do Partido Popular (PP) teñen recibido durante anos un xeito de "pluses salariais" ao marxe da contabilidade oficial da organización, unido ao feito de que o presunto autor deses pagamentos é Luís Bárcenas, imputado polo xuíz instrutor da Operación Gürtel, renovou o interese de moitos galegos polas conexións entre membros desa trama e dirixentes do PPdeG.
Galicia Confidencial (GC) recupera os documentos que mostran como «o PP galego seguiu organizando actos coa trama corrupta despois de que Rajoy, supostamente, mandara deixar de traballar con eles.
«Nos próximos días GC publicará parte do lapis de memoria intervido ao contábel da trama, que apunta a un financiamento en negro de varias campañas electorais. Incluído un pago en B a un membro do comité de campaña [do PPdeG] en Arxentina para as eleccións galegas de 2012. A empresa que fixo a creatividade de "Feijó09" tamén sae no sumario».
Entre as persoas do PP ou do seu entorno que se relacionaron con presuntos membros da rede Gürtel figuran Pablo Crespo (dirixente do PPdeG, que foi detido e imputado), González Gil (figura nun documento intervido ao anterior), Modesto Fernández (o seu nome consta nunha base datos "contables" de Crespo), Juan Manuel Casares (relacionado cunha empresa da rede Gürtel), Díz Guedes (aprobou contratacións con Special Events e Vox Pública, empresas da Gürtel), Núñez Feijóo (mantivo en altos cargos da Administración a Crespo ata 2005, a pesar de que xa en 1999 o PP ordenou rachar cos sospeitosos de actuacións ilegais), Carlos Negreira (asinou contratos coa Constructora Hispánica, unha compañía "corruptora", segundo a investigación), Rafael Louzán (contratou con Vox Pública), e os empresarios García-Pozuelo Asins, José Luís Ulibarri, Blanco Balín, Martínez Nuñez, etcétera.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NOTA: En ImP no se publicarán injurias ni difamaciones, ni tampoco imputaciones de faltas o delitos sin aportar pruebas, datos judiciales o sentencia.
Sólo se publicarán los anónimos que a criterio del administrador sean de interés.