05 abril 2013

O proxecto mineiro de Corcoesto ten mellor tratamento orzamentario que a saúde dos cidadáns

O proxecto da multinacional canadiana Edgewater para extraer ouro en Corcoesto (no concello galego de Cabana de Bergantiños) é unha valiosa fonte informativa para coñecer como funciona a Administración pública galega.
O e-xornal Galicia Confidencial publica unha entrevista cos voceiros da Plataforma pola Defensa de Corcoesto na que, entre outros detalliños, denuncian as axudas públicas que xa ten recibidas a fiilal da compañía canadiana, Mineora de Corcoesto: ¡21 millóns de euros!, para traballos de prospeción, posta en marcha e desenvolvemento dese proxecto e varioas inciativas empresariais.
Nun país no que as autoridades están a deixar ducias de barrios urbáns e localidades do rural sen servizos sanitarios básicos para aforrar 0,2; 0,7; 1, 2 ou 2,5 millóns de euros, é inxustificábel que unha empresa privada reciba millóns de euros dos cidadáns en base a promesas de emprego e o sono dunha efímera gloria económica.
No caso de Corcoesto, a explotación mineira terá unha vida aproximada de 13 anos e nese tempo a única beneficiaria será a compañía, pois os salarios que percibirán os 138 empregados que creará a explotación (segúndo as previsións da empresa) non suporán nin o 3 % do custe medioambiental e económico que pagarán durante decenios os veciños de toda a comarca de Bergantiños polo movimento de decenas de milleiros de toneladas de terras que será preciso facer para que sexa rendible a extracción de ouro.
..

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NOTA: En ImP no se publicarán injurias ni difamaciones, ni tampoco imputaciones de faltas o delitos sin aportar pruebas, datos judiciales o sentencia.
Sólo se publicarán los anónimos que a criterio del administrador sean de interés.