Showing posts with label *En·Galicia·Confidencial. Show all posts
Showing posts with label *En·Galicia·Confidencial. Show all posts

04 August 2022

Para seguir políticamente activo, o "Hirohito" galego precisa residir fóra deste mundo

Núñez Feijoo emigrou a Madrid por segunda vez e se damos por acertadas as enquisas encargadas polos medios privados, o expresidente da Xunta será o vindeiro presidente de Goberno do Reino de España, polo que a pregunta é obrigada: Como é posible que goce de tan bo cártel o responsable de que Galiza teña aumentado o número de persoas pobres e triplicada a débeda pública da Administración autonómica? 

21 December 2020

A que xogamos nos medios?

Ás veces, a hiperrealidade e as aparencias son tan atafegantes que un explota… O pasado martes ocorreu outra vez. Dun tempo acá, o cansanzo é case diario. Un tertuliano e experto en non sei que —non lembro a profesión do que opinaba nin a emisora— volveu á carga co mantra de que todos os gobernos, tanto o central como os autonómicos, actúan con autoritarismo extremo e que as restricións antiCovid constitúen un recorte inconstitucional dos dereitos de reunión e de libre movimento das persoas…

01 April 2016

A hipocrisía dos máis beneficiados

Nada que reprochar ao medio que toma partido e recoñéceno. Os propietarios de diarios e emisoras dedícanse ao negocio de informar, entreter, difundir coñecementos, facer publicidade, etcétera e tamén poden promover a un partido político, defender a un goberno ou criticalo sen máis limitacións reais que as impostas pola lei.

14 May 2015

Feijóo loita contra os espíritos aventureiros

Estes días os administradores dalgúns medios de información xa fan preparativos para estar á altura do reto lanzado polo Goberno galego, que ven de anunciar unha campaña contra os espíritos aventureiros que prexudican o prestixio e o futuro de Galicia.
Proba da importancia do proxecto son os dous millóns de euros ca Xunta investirá para compensar o esforzo das emisoras e xornais que teñan a honra de ser elexidos.

20 April 2015

A morte do aforro galego e a oposición "prudente"

Artigo publicado en Galicia Confidencial

En resposta á pergunta formulada pola deputada ourensá Laura Seara (PSdeG), o Goberno do PP ven de contar que o FROB (Banco de España) decidiu vender á présa e correndo Novagalicia Banco (NGBanco) porque a consultora estadounidense McKinsey e o banco xaponés Nomura advertiron ca entidade galega estaba a piques de sofrir unha forte depreciación. Seara cualifica a decisión de «escandalosa».

25 November 2014

Cando morre unha lingua, morre un mundo

Veño de ler o conto da inmersión de nenos na lingua de Shakerpeare. Non teño nada na contra de aprender idiomas, ao contrario. A vida ensinoume que coñecer idiomas sempre é bo e ás veces, necesario. 
..
VERSIÓN EN CASTELLANO

Cuando muere una lengua, muere un mundo

Acabo de leer el cuento de la inmersión de niños en la lengua de Shakerpeare. No tengo nada contra el aprendizaje de idiomas, al contrario. La vida me ha enseñado que conocer lenguas siempre es bueno y a veces, necesario.

04 November 2014

Aínda hai lectores afeitos a mercar pan duro / Aún quedan lectores acostumbrados a leer pan duro

Hai varios anos, cheguei ao xornal para o que traballaba cargado cunha historia extraordinaria: o concelleiro responsable da facenda dun concello ordenara embargar bens a un veciño moroso que debía o imposto de circulación correspondente a tres anos, un par de recibos do IBI, outros dous da taxa de lixos e unha ducia de multas por aparcadoiros indebidos.
..
VERSIÓN EN CASTELLANO
Aún quedan lectores acostumbrados a leer pan duro 
..
Hace años, llegué al periódico para el que trabajaba cargado con una historia extraordinaria: el concejal responsable de la hacienda de un ayuntamiento había ordenado embargar bienes a un vecino moroso que debía el impuesto de circulación correspondiente a tres años, un par de recibos del IBI, otros dos de la tasa de basuras y una docena de multas por aparcamientos indebidos.

16 February 2013

O Consello Europeo aposta pola caridade

Artigo publicado en GALICIA CONFIDENCIAL.

Fixeron falla 26 horas de negociación para que o Consello Europeo aprobara as perspectivas financeiras da Unión Europea (UE) para o período 2014-2020. O presidente da institución, Herman Van Rompuy, anunciou o acordo (só pendente de ser ratificado pola Eurocámara, o que xa está garantido polos grupos Popular e Liberal) é o calificou de "positivo". O seu diagnóstico é lóxico. O que non é políticamente lóxico é que o Goberno de Rajoy xustifique o que en rigor prexudica a España e que, por riba, é outra renuncia ao equilibrio da economía europea e á construción da Europa que deseñaron os arquitectos dos anos cincoenta.

28 January 2013

Falar de terrorismo para non falar da vida

Artigo publicado en GALICIA CONFIDENCIAL.

Xa está ben de muñir a vaquiña do terrorismo! 
O PP presentou hai uns días no Parlamento de Galicia unha proposta para facer outra condena institucional do terrorismo. Sexamos serios, cantos cidadáns coñece vostede, amable letor ou letora, que estén a defender o uso da violencia para defenderen a súa ideoloxía, a súa relixión ou os seus ideais políticos?

23 December 2012

Na Galicia ven de ser atopado outro "petroglifo" de alto valor histórico

Artigo publicado en GALICIA CONFIDENCIAL.

Hai moito tempo que non tiña acceso a un documento histórico da relevancia do que veñen de difundir GC e outros medios galegos: As declaracións da señora Amalia, a muller residente en Ferrol que chamou á Radio Galega e amenazou ao xornalista con reclamar ao presidente da Xunta que poña límites ao uso do galego na Radio Galega.

30 October 2012

O rei si sabe viaxar!, eu non

Artigo publicado en GALICIA CONFIDENCIAL.

O xefe do Estado ven de recibir unha boa dose de optimismo durante a súa estancia na India, pois, segundo dixo, os estranxeiros teñen unha imaxe de España máis boa ca dos propios cidadáns españois.
Nada como viaxar para abrir os ollos.

19 October 2012

21-O, eleccións, medios e ignorancia

Artigo publicado, en GALICIA CONFIDENCIAL.

Os cidadáns están na urna e na furna. Xa que logo, evitarei escribir de cuestións que podan beneficiar ou prexudicar ás candidaturas porque me daría vergoña que a xunta electoral me sancionara por faltar ao respecto das normas que regulan o exercizo da democracia.
Escribirei da ignorancia, asunto que moitas noites quita o sono aos que só sabemos que non sabemos nada.

13 October 2012

A ofensiva dos "illuminati"

Artigo publicado en GALICIA CONFIDENCIAL.

Estes días, os medios fixéronse eco dun detalliño do programa electoral do PP que a Confederación Intersindical Galega (CIG) tivo o acerto de introducir no debate aberto co gallo do 21-O.

04 October 2012

Pokemon: Das xeralizacións á satanización do sistema democrático

Artigo publicado en GALICIA CONFIDENCIAL.

Si, xa sei que a Operación Pokemon saiu do teatro da actualidade é, por riba, é unha teima "podre" que serve para facer interpretacións de parte. Pero a instrutora da investigación decidiu libremente poñer en marcha a máquina da Xustiza nun momento e nun escenario socio-político concretos, o que converteu Pokemon nunha referencia.