O propietario e editor de La Voz de Galicia, Santiago Rey Fernández-Latorre (SRF-L), que morreu o pasado 28 de agosto, cumpriu o que anunciou por primeira vez pouco antes de rematar o inverno de 2000-2001 --despois de destruir a familia Rey-Berguer--, para o que constituíu a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre como herdeira do grupo de empresas da Corporación Voz de Galicia.
Nas disposicións testamentarias, o neto do fundador do xornal din que La Voz será un medio de comunicación "liberal, aberto a todas as ideoloxías, defensor do Estado democrático e do Estado de dereito, e dos intereses xerais de Galicia" (sic), entendida esta como unha comunidade e "un territorio con cultura e identidade propias, sólidamente integrados en España e Europa".
O testador, SRF-L, sabía perfectamente que neoliberal, ultraliberal, nacional-católico, conservador y neocon no son sinónimos de liberal mais...
No testamento, SRF-L especifica que a liña editorial de La Voz será liberal no sentido clásico; é decir, a posición ideolóxica do xornal recupera en grande medida os criterios políticos do seu fundador, que participou na rebelión do cuartel de San Gil, que tivo lugar en Madrid contra a raíña Isabel II, en xuño de 1866.
Tres anos despois, en 1869, Fernández Latorre foi condenado á morte pola redacción dunha proclama republicana, mais a pena lle foi conmutada pola de cadea perpetua, pero fuxiu a Francia, de onde volveu ao beneficiarse da amnistía de 1870.
O fundador de La Voz foi deputado na I República Española (11 de febreiro de 1873 até o 29 de decembro de 1874),
De volta a Galicia, en sociedade con Antonio Prieto Puga e José Manuel Martínez Pérez, fundou La Voz de Galicia en 1882. En 1885 disolveuse a sociedade fundacional e Fernández Latorre converteuse en propietario único do xornal.
Ninguén espera que La Voz aplique os criterios fundacionais e sexa un medio aberto...
DE INTERESE:
Casi todos los rotativos han evitado caer en manos forasteras o de inversores
ajenos al sector, pero han acabado bajo las faldas del poder político
Unha vez máis, grazas pola análise.
ReplyDelete