Mostrando entradas con la etiqueta Galicia:Comarca·do·Eume. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Galicia:Comarca·do·Eume. Mostrar todas las entradas

04 abril 2012

O lume nas fragas do Eume reflicte a autodestruzón de Galiza

Hai un tempo, co gallo das inundacións de Cee ou cando se mobilizou un grupo de veciños de Valdoviño que protestaran pola suba do nivel das augas da lagoa da Frouxeira, eu fun un máis dos que mantiveron a tese de que á sociedade galega lle importa ben pouco a destruzón da natureza.
Proba dilo --entre outras cousas-- é que as rías meten medo, aínda que algúns as pinten de cores por razóns electorais ou polo tradicional veciñismo do país...

03 abril 2012

O lume nas fragas do Eume está a destruír moito máis cun bosque

A primeira hora de hoxe o incendio nas fragas do Eume continúa activo, aínda que o seu perímetro está controlado. Segundo os cálculos da Xunta de Galicia, o lume destruíu 750 hectáreas, 370 delas de alto valor natural. Outras fontes, incluídos os alcaldes da zona, afirman que a superficie queimada é de 1.000 hectáreas.

01 abril 2012

Domingo negro na Galicia: Lume no paraíso das fragas do Eume

Desde as dúas da tarde donte, as lapas están a destruír o paraíso natural das fragas do Eume, que é o bosque atlántico máis coñecido e un dos mellor conservados de Europa.
O sinistro inicióuse no concello de A Capela e a mediodía de hoxe a Administración autonómica recoñeceu que as lapas xa calcinaran 750 hectáreas --á mesma hora outras fontes falaban de 800/850 hectáreas.