25 septiembre 2012

O "minifundismo" dalgúns galeguistas está a converter o 21-O noutra liorta entre irmáns

Hai uns días, o candidato do PP a recuncar na presidencia da Xunta, Núñez Feijoo, aludiu de xeito implícito ás liortas que mantiveron PSdeG-PSOE e BNG no Goberno que compartiron durante a anterior lexistatura autonómica para, xa de xeito explícito, pedir o voto a prol do PP porque «nós ofrecemos unha alternativa clara» fronte á posibilidade de que gobernen dous, tres o máis formacións que convirtan a Xunta nun xogo de tronos...
Lóxicamente, Núñez Feijoo non ten en conta que as liortas PSdeG-BNG durante o período do bipartito tiveron profundidade semellante cas mantidas ás veces entre algúns dos actuais conselleiros, todos do PP.
O que si é radicalmente diferente é o tratamento calgúns dos grandes medios deron e dan a uns e outros episodios, pois os desencontros PSdeG-BNG foron cualificados de máximo interese para os letores, radioíntes e televidentes e a maioría dos medios aproveitaron para desprestixiar á Administración e, xa que logo, ao galeguismo e ao PSdeG.
Pola contra, durante a lexislatura que agora remata, neses grandes medios as pelexas internas no PP e no Executivo galego mereceron «tratamento responsábel polo ben da sociedade», ou porque «é o aconsellable debido á delicada situación económica»,  ou ben «para non prexudicar a gobernabilidade».
..
O canibalismo sempre favorece ao PP
As alusións que fai Núñez Feijoo á existencia de barreiras intransponíveis entre as forzas nacionalistas e as de esquerda están a ser confirmadas polos candidatos e, sobre todo, polos xiareiros das formacións en presenza.
Nesa guerra entre teóricos irmáns destacan membros e votantes do Bloque Nacionalista Galego (BNG), de Compromiso por Galicia (CxG) e, aínda que con menor agresividade e participación, os da coalición Alternativa Galega de Esquerda (EU+Anova+Equo+EcoG) máis algúns do PSdeG-PSOE.
Por riba, xente do PP está a botar gasolina no lume, ¡lóxico!, e durante as últimas xornadas tamén foi incorporado á guerra o Partido da Terra (PT), formación que ven de ser convertida nun obxectivo preferente polos galeguistas que rexeitan o chamado Acordo Ortográfico [pacto lingüístico e tamén socio-educativo e mesmo económico ao que se están a incorporar os países lusistas, e no que o PT e varias asociacións culturais desexan integrar Galicia].
..
Á sombra do "laiño e lestrove" 
Os odios entre galeguistas teñen longo percorrido na vida política do país [as liortas entre "laíño e lestrove" forma parte da esencia de Galicia], mais a preeminencia que acadou o BNG no eido do nacionalismo político nos anos noventa suavizou os enfrontamentos; aínda que sempre houbo fortes diatribas entre o Bloque e as dúas formacións soberanistas máis importantes: Nós-Unidade Popular e a Frente Popular Galega, ao marxe das lóxicas diferenzas entre galeguistas conservadores (dereita e centro-dereita) e progresistas (centro-esquerda e esquerda) [os segundos son maioritarios no conxunto do movemento nacionalista].
Estes días, xa en pre-campaña, a agresividade é moi grande e a violencia verbal está a superar os límites do racional e, polo tanto, xera desconfianza e alimenta a percepción social de que o galeguismo é unha fonte de conflitos.
Se a guerra persiste, o inimigo electoral máis perigoso da esquerda galeguista e da esquerda galega en xeral non será o PP...

NOTA:
A intensidade deses enfrontamentos queda reflectida nos comentarios cos que ducias de internautas enriquecen as informacións vencelladas ás eleccións que difunden GALICIA CONFIDENCIAL e PRAZA PÚBLICA.
Paga a pena ler, por exemplo, os comentarios engadidos aos seguintes textos: "As pezas do taboleiro electoral do 21-O", "Presentación dos 75 candidatos de Compromiso por Galicia", "BNG pon a Portugal como exemplo de reacción contra os recortes", ou "O Acordo Ortográfico entra en campaña".

2 comentarios:

  1. Engañan a la gente como quieren.El asunto es que siempre consiguen que voten en vez de deslegitimarlos. Osea que el asunto del minifundismo de ahora !. es lo mismo que el otro asunto, el de la reforma agraria en Andalucia.Para mantenerse en el poder, que el regimen se mantenga intacto simular enfrentamientos entre ellos y la gente se pica. Por lo menos los yankis les daban whisky joder.

    La gente se merece que los sigan chuleando. Una lastima.

    ResponderEliminar
  2. Una vez más manifiesto mi desazón por esta sufrida tierra. No tiene futuro. Perdón, si lo tiene: como una región de cuarta regional.

    ResponderEliminar

NOTA: ImP no publica injurias ni imputaciones de faltas o delitos sin aportar pruebas ni referencias judiciales o sentencia.
Sólo serán publicados los anónimos que a criterio del administrador sean de interés.