Xa está ben de muñir a vaquiña do terrorismo!
O PP presentou hai uns días no Parlamento de Galicia unha proposta para facer outra condena institucional do terrorismo. Sexamos serios, cantos cidadáns coñece vostede, amable letor ou letora, que estén a defender o uso da violencia para defenderen a súa ideoloxía, a súa relixión ou os seus ideais políticos?
Non somos nenos pequenos, non viaxamos da Coruña a Lugo pasando por Tui, nin de Vigo a Ourense facendo unha paradiña en Ribadeo. Agás os inxenuos, os amigos de estudar o sexo dos anxos e os autores deste enésimo bis, ninguén ignora que coa súa proposta o PP tenta que vostede máis eu, a súa familia e a miña, os seus amigos e os meus e a sociedade galega no seu conxunto se meta nun beco que, lóxicamente, leva a ningures.
Por que? Porque unha sociedade perdida en ningures durme mellor e, xa que logo, é máis doada de gobernar.
Un partido que ata a semana pasado non foi quen de pechar o despacho que tiña Bárcenas na rúa Xénova, é lóxico que aplique a táctica de falar por falar e pretenda centrar o debate político e a actividade do poder lexislativo en zonas que están moi claras pero que a segundo quen interesa presentar como una zona escura.
..
Falar é doado, que sexa útil é outra cousa
Nesa liña, a de falar por falar, o seguinte paso pode ser que a Cámara galega perda o tempo condenando a violencia machista, os roubos, as estafas, os abusos sexuais, o desemprego, a pornografía infantil, a condución temeraria, etcétera e etcétera, ata converter o poder lexislativo nun altofalante dos desexos que compartimos preto do cento por cento dos galegos.
O listrado de cousas nas que hai consenso é longa, de xeito que os deputados poden falar por falar canto queiran en contas de poñer coto á ruina demográfica, cultural e económica do país galego.
Prefiro non entrar no sectario concepto de terrorismo que teñen os dirixentes dun partido que aínda non condenou aos que fixeron do terror unha ferramenta de goberno, mesmo para roubar.
Limitareime a subliñar que nengunha das persoas coas que teño trato (militantes ou simpatizantes do PP, Anova, FPG, PSdeG, CxG, Nós-UP, UPyD, BNG, EU, empresarios, sindicalistas, dependentes de comercio, labregos, autónomos, parados, estudantes, vaqueiros, bancarios, albaneis, xornalistas, profesores de ensino básico, medio e superior, informáticos, profesionais do transporte), ¡nengunha!, precisa neste intre (de feito, non o precisan desde hai xa moitos anos) que o Parlamento de Galicia condene o terrorismo.
Que pensar da insistencia dalgúns en falar do que xa temos falado mil veces?
Non haberá ninguén no PP que se dea conta de que na actual situación socio-económica outra innecesaria condena institucional do terrorismo transmitirá a mesaxe de que os deputados choran polo gran no cú para esquecer o cancro?

Supongo que para los desaprensivos vale hablar de lo que sea con tal de esquivar el tema de sus chanchullos y su desaprensión.
ResponderEliminarLos ciudadanos ya conocen los manejos, y los autores saben que la ciudadanía está al tanto, pero que pueden seguir tranquilos: su estrategia va a ser el "no me consta", y el "no se puede probar", ya que una contabilidad paralela POR DEFINICIÓN no puede aparecer en una investigación, por la patente razón de que no ha sido registrada. Negar todas las evidencias, por ostensibles que sean, se ha convertido en una característica clave de la "singularidad ibérica" y de lo typical spanish. Así que pueden hacer chanza y escarnio de jueces y población en general. Con sorna y con aplomo. Lo demás, el desgaste en popularidad y todo eso, es un precio que pagarán gustosos, como ya habíamos concluido.
Vaya debate más estéril (por no decir miserable) hay en Galicia Confidencial a cuenta de este artículo. Estamos librando una guerra sin sangre (por ahora) y la vamos perdiendo. A pesar de ello, algunos malgastan su energía en decidir a quien entregan el carnet de luchador y a quién no. Mientras, el PP sigue haciendo escrupulosamente su trabajo. Que asco.
Eliminar