Estes días, co gallo do inicio da negociación entre EE UU e Cuba que porá fin á "guerra fría" no Caribe, medios galegos e españois informaron da intención do Ministerio de Asuntos Exteriores de que España lidere as relacións Cuba-UE. A iniciativa é rechamante porque o ex-presidente de goberno José María Aznar (PP) foi o impulsor de que a UE endurecese a súa posición fronte ao réxime castrista e reducise os intercambios coa illa.
Hai agora un ano o presidente da Xunta de Galicia, Núñez Feijóo, viaxou a Cuba e mantivo un encontro con Raúl Castro ao tempo que rexeitou reunirse cos representantes da oposición.

As probas da contraditoria actitude do PP con respecto a Cuba son moitas, tanto se o partido hoxe liderado polo galego Mariano Rajoy está no goberno como na oposición. Paga a pena lembrar o esencial da viaxe de Núñez Feijóo á illa no decembro de 2013.
Crónica publicada no dosier «Nós no mundo / We in the word 2013», do Instituto Galego de Análise e Documentación (Igadi):
..
«O presidente Feijóo en Cuba»
A estancia de Núñez Feijóo na Habana foi políticamente irrelevante e, en rigor, a súa única utilidade práctica foi a de sondar posibilidades de negocio para inversores galegos. Mais clariño: o presidente da Xunta exerceu como axente comercial e financeiro, o que resulta paradoxal se se ten en conta que un dos principais lastres da economía do país galego é a actitude das grandes fortunas autóctonas, que están a deslocalizar os seus activos (por exemplo, todas as sicav galegas, agás tres, xa "emigraron" a Madrid), pois prefiren investir alén de Pedrafita que no desenvolvemento de empresas e actividades que son esenciais para Galicia.
A realidade económica galega cabe resumila coa privatización da súa principal entidade financeira, NCG Banco, adquirida a prezo de saldo por un inversor venezolano; sen esquecer a toma de control por parte de Pemex dun dos estaleiros tecnoloxicamente máis avanzados de Europa, Hijos de Barreras, grazas aos propietarios da compañía viguesa que venderon o 51 % das súas accións por 5 millóns de euros (o 5 % do investido polo clube Real Madrid para mercar a ficha de Gareth Bale…)
Nese marco, que a única misión real da viaxe de Feijóo á Habana fora buscar oportunidades para os inversores galegos, non só resulta paradoxal, senón que tamén é social e económicamente inxustificable.
..
Emigración: do sentimento ao oportunismo político
Os organizadores da viaxe adornaron esa intermediación coa asistencia de Feijóo á firma do acordo mediante o cal fusionáronse 38 entidades cubano-galegas e, para redondear o argumento, lograron que o presidente da República caribeña, Raúl Castro, recibira á delegación da Xunta. Nese encontro, o Goberno cubano encargaría a Feijóo o traslado aos posibles inversores galegos do compromiso de que a Administración cubana protexerá os euros galegos investidos na illa.
En definitiva, o titular da Xunta viaxou á Habana para facilitar a "emigración" de diñeiro e ademais, como ao parecer Galicia é rica, comprometeuse tamén a seguir apoiando económicamente ás entidades galego-cubanas porque «son a referencia e o apoio as nosas accións de atención social e cultural nas comunidades de emigrantes».
Comunidades de emigrantes (non me refiro precisamente ás cubanas) que tampouco invisten en Galicia e que, desde un punto de vista económico, os seus dous únicos nexos co país son: un, tirar de antepasados para conseguir a cidadanía española cando nos países de residencia hai dificultades; e, dous, o regreso de emigrantes xubilados ou en situación precaria.
[En Galicia son maioría os dirixentes políticos que seguen analizando a emigración con criterios exclusivamente “emocionais” e, por ende, como se ben entrado xa o século XXI, o país galego seguira ancorado na realidade dos anos corenta, cincuenta e sesenta do século pasado]
..
O líder do PP galego rexeitou falar con Unpacu
Da viaxe é obrigado destacar que o líder dos conservadores galegos refusou atender o convite a reunirse cos representantes da oposición política cubana.
Antes de que Feijóo iniciara a viaxe, José Daniel Ferrer, residente en Santiago de Cuba, remitiu dúas mensaxes propoñendo ao líder do PP galego que se reunira con dirixentes da Unión Patriótica de Cuba (Unpacu), coordinadora que avoga por unha transición democrática e que conta con máis de 8.000 militantes e un número de simpatizantes que é imposible cifrar, aínda que fontes alleas á organización coinciden en que superan con amplitude os 100.000.
O segredario executivo da Unpacu, Ferrer, e os emigrantes galegos que apoian esa alternativa foron excluídos da axenda habaneira de Feijóo. Ao respecto cabe resaltar, tal como recordaba Ferrer cando remitiu o convite a Compostela, que en Unpacu abundan os nacidos galegos e fillos e netos de galegos. De feito, Ferrer é neto dun galego por vía materna: «O meu avó Felipe Barrios pelexou contra Franco e tívose que exiliar en Cuba cando se perdeu a guerra e logo, cando houbo que pelexar contra Batista, tamén pelexou contra Batista. E despois acabóuselle a vida cando contemplou o feito por Fidel con todo aquilo polo que el loitara».
..
«Fixo o que tiña que facer»
Tanto ou máis "curioso" que o desplante á Uncapu foi a comparecencia no Parlamento galego do director xeral de Relacións Exteriores da Xunta, Jesús Gamallo, para afirmar que a expedición foi un éxito (¿?) porque o presidente da Xunta «fixo o que tiña que facer».
Ademais de non concretar o contido da expresión «fixo o que tiña que facer», nin as xestións a prol dos inversores galegos, o colmo da superficialidade político-institucional produciuse cando Gamallo alegou que a proba de que a viaxe fora exitosa é que Feijóo «saíra na portada do diario Granma» (todos os mandatarios estranxeiros que se entrevistan co presidente da república saen no Granma!).
Gamallo insistiu na importancia de que Feijóo asistira á firma da unificación das entidades galego-cubanas e, cicais para agochar o acto de desprezo político a Unpacu, subliñou que o líder do PP galego reuniuse co presidente da Conferencia Episcopal de Cuba, monseñor Dionisio García: «Non sei se falaron só de salvar as ánimas dos cubanos, pero tamén falaron doutras cousas», apuntou Gamallo, dando a entender que durante ese encontro confesional Feijóo defendeu a transición política e a apertura económica de Cuba.
O balance, pois, é politicamente irrelevante e, salvo que prospere a intermediación de Feijóo a prol dos inversores galegos que queren facer negocios en Cuba, da excursión á Habana só quedará rastro onde sexa colocada a copia enmarcada da primeira plana do Granma na que aparecen Núñez Feijóo e Raúl Castro, ambos sorrindo, o primeiro porque abriu a porta á chegada de capitais galegos e o segundo porque logrou ser comparado con Fraga nalgúns medios galegos.
LIGAZÓN ao dosier do Igadi «No mundo a medias» (en formato PDF).

Fraga e Castro mantiveron unha amigable relación persoal ao longo de vinte anos. Na foto inferior, Núñez Feijóo e Antonio Luis Carricarte, viceministro de Comercio de Cuba |

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NOTA: ImP no publica injurias ni imputaciones de faltas o delitos sin aportar pruebas ni referencias judiciales o sentencia.
Sólo serán publicados los anónimos que a criterio del administrador sean de interés.