En resposta á pergunta formulada pola deputada ourensá Laura Seara (PSdeG), o Goberno do PP ven de contar que o FROB (Banco de España) decidiu vender á présa e correndo Novagalicia Banco (NGBanco) porque a consultora estadounidense McKinsey e o banco xaponés Nomura advertiron ca entidade galega estaba a piques de sofrir unha forte depreciación. Seara cualifica a decisión de «escandalosa».
O "erro" de McKinsey e Nomura ten un custo de 9.000 millóns de euros ao Estado; é dicir, aos contribuíntes. Cifra á que se poden restar os 1.003 millóns que pagará Banesco por NGBanco, cantidade que amortiza en cómodos prazos co último vencemento en 2018. Por riba, á vista de que NGBanco (xa Abanca) obtivo en 2014 un beneficio de 1.200 millóns de euros, os 1.003 millóns terán un valor real inferior debido á inflación acumulada e á revalorización que experimenta a entidade.
A parlamentaria que se interesou por eses avatares calificou o episodio de «escandoaloso». ¡Inxenuidade política!, dito isto con todo o respecto e simpatía que inspira a súa iniciativa, pois grazas a ela temos coñecido o enésimo disparate da agonía, morte e enterro das caixas de aforros.
Inxenuidade política porque a actuación do Goberno non é un escándalo, senón unha barbaridade que esperta e xustifica a sospeita.
Alguén dubida de que a lei de fusión das caixas que no seu día foi cualificada de imprescindible foi outra operación estética para tapar as toneladas de "lixo” e falacias financeiras que agochaban os xestores de Caixa Galicia e Caixanova?
A estas alturas, crer o que din os irresponsables políticos a propósito das caixas e do banco herdeiro esixe fe. Moita fe.
..
8.000 millóns de euros botados ao mar...
A deputada Seara e os seus colegas adscritos aos partidos de oposición parecen empeñados en non chamar ás cousas polo seu nome e describilas como merecen. O cualificativo «escandaloso» para se referir ao agasallo que recibiu Banesco é equiparable a cualificar de travesura un homicidio.
McKinsey apostou polo desinvestimento acelerado porque é «a mellor estratexia posible, pois esperar ata 2015 podería erosionar significativamente o valor da entidade», segundo o Goberno de Rajoy.
A cousa é peor aínda, pois outra entidade privada, o BNP Paribas, acelerou o proceso de venda cun informe, tamén solicitado pola Administración española, no que tamén aconsella: adiante coa venda!
Escandaloso? Escandaloso é saltar sobre a mesa de Mario Draghi durante unha rolda de prensa para dicirlle que non ten vergoña.
O cualificativo escandaloso soa a chiste para describir o acontecido.
Canta inxenuidade hai no Parlamento Galego! Ou será que a cordialidade entre os parlamentarios está por riba dos intereses do Estado e dos contribuintes?
8.000 millóns de euros botados ao mar… dunha entidade privada.
A fe nun Deus é comprensible, mais para ter fe no que din o Goberno de Rajoy non chega con pechar os ollos.
ACTUALIZACIÓN (7 diciembre 2018):
Casi todo era mentira, ni siquiera era verdad que la auditoría de KPGM aconsejara la fusión de las dos cajas; los detalles, en Galiciapress.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NOTA: ImP no publica injurias ni imputaciones de faltas o delitos sin aportar pruebas ni referencias judiciales o sentencia.
Sólo serán publicados los anónimos que a criterio del administrador sean de interés.