Satanizar, endiosar y creer es más cómodo y rentable que analizar, contextualizar y dudar

jueves, 22 de septiembre de 2011

Xurxo Mariño: "O noso sistema educativo creou analfabetos científicos"

Pulsar sobre la imagen para ampliarla
Xurxo Mariño Alfonso, que hoxe participa no congreso español de Neurociencia, convocado en Bilbao:
"Eu entendo a divulgación científica como unha reacción ao papanatismo místico da sociedade, porque a pesar de que todo o mundo ten móbil ou toma aspirinas cando lle doe a cabeza, as pseudociencias seguen a ser moi populares. Refírome, por exemplo, a homeopatía ou á xente que aínda cre nos horóscopos (...) Non hai cultura científica. O problema é que se tende a considerar a ciencia como unha rama do coñecemento que alimenta a tecnoloxía e as enxeñerías, pero non como parte esencial da formación da xente. O noso sistema educativo creou un grupo de poboación que son analfabetos científicos que perderon a súa capacidade crítica" [Ler o resto da entrevista, en La voz de Galicia]. 
Entrementres, coa finalidade de deslexitimar as protestas dun sector do profesorado do ensino público, estes días a Consellería de Educación subliñou que para o curso que ven de comenzar contratou 184 interinos máis que o ano pasado; exactamente, 157 en secundaria e 27 en primaria. O que case ninguén din --tampouco a maioría dos medios de información-- é que durante os últimos meses houbo 1.200 xubilacións, ao que a Administración respondeu convocando 268 prazas. Se a estes 268 novos docentes fixos se engaden os 184 interinos os números son ben clariños:
A consellería incorporou 452 profesores e se produciron 1.200 baixas, logo para este curso no ensino público galego hai máis de 700 profesores menos que o ano pasado.
Outro dato: este ano matriculáronse en Galicia 4.500 nenos e adolescentes máis que no curso pasado --a maioría deles no ensino secundario.
O sistema educativo non só está a crear analfabetos científicos, senón que por riba o Goberno galego está a precarizar o sistema mesmo.
Que os responsables políticos que defenden a precarización do ensino público critiquen aos profesores que protestan é comprensíbel, o que ten difícil dixestión e que aínda sexan moitos os pais e nais que acusan aos mestres movilizados de perxudicar aos seus filllos.
Ao analfabetismo científico do que fala Xurxo Mariño compre engadir a existencia dunha elevada estupidez social...
DE INTERESE: "Eloxio da educación", por Pablo Vaamonde.

0 Comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

NOTA:
ImP no publicará injurias ni difamaciones, ni textos que imputen a una persona delitos penales sin aportar pruebas o mediar sentencia firme.