«Eu entendo a divulgación científica como unha reacción ao papanatismo místico da sociedade, porque a pesar de que todo o mundo ten móbil ou toma aspirinas cando lle doe a cabeza, as pseudociencias seguen a ser moi populares. Refírome, por exemplo, a homeopatía ou á xente que aínda cre nos horóscopos...
«Non hai cultura científica. O problema é que se tende a considerar a ciencia como unha rama do coñecemento que alimenta só a tecnoloxía e as enxeñerías e, por riba, non como parte esencial da formación da xente. O noso sistema educativo creou un grupo de poboación que son analfabetos científicos e que perderon a súa capacidade crítica» [pode ler o resto da entrevista, en La voz de Galicia].
Entrementres, coa finalidade de deslexitimar as protestas dun sector do profesorado do ensino público, estes días a Consellería de Educación subliñou que para o curso que ven de comenzar contratou 184 interinos máis que o ano pasado; exactamente, 157 en secundaria e 27 en primaria.
O que case ninguén di --tampouco a maioría dos medios de información-- é que durante os últimos meses houbo 1.200 xubilacións, ao que a Administración respondeu convocando 268 prazas.

Se a estes 268 novos docentes fixos se engaden os 184 interinos os números son ben clariños:
A consellería incorporou 452 profesores e se produciron 1.200 baixas, logo para este curso no ensino público galego reducíuse en máis de 700 o número de profesores.
Outro dato: este ano matriculáronse en Galicia 4.500 nenos e adolescentes máis que no curso pasado --a maioría deles no ensino secundario.
O sistema educativo non só está a crear analfabetos científicos, senón que por riba o Goberno galego está a precarizar o sistema mesmo. Que os responsables políticos que defenden a precarización do ensino público critiquen aos profesores que protestan é comprensíbel --a política pode ser moi cainita--, o que ten difícil dixestión e que aínda sexan moitos os pais e nais que acusan aos mestres movilizados de perxudicar aos seus filllos.
Ao analfabetismo científico do que fala Xurxo Mariño compre engadir a existencia dunha elevada estupidez social...

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NOTA: ImP no publica injurias ni imputaciones de faltas o delitos sin aportar pruebas ni referencias judiciales o sentencia.
Sólo serán publicados los anónimos que a criterio del administrador sean de interés.