A XII Asemblea Nacional (congreso) do Bloque Nacionalista Galego (BNG), organización que forma parte do Goberno galego en coalición co PSdeG, foi menos traumática do previsto.
Nembargantes, se ten producido un cambio substancial: o BNG podería poñer en marcha o proceso para se converter nun partido convencional, pois os cadros partidarios de abandoar a condición de frente ou coalición gañan influenza e mesmo credibilidade.
Nesa liña, a maioría dos participantes na asemblea (exactamente, 1.167) aprobaron unha reforma estatutaria que racha co asembleísmo que ata o de agora caracterizou á formación [o asembleísmo do Bloque é un xeito de democracia direta que, entre outras cousas, permete aos militantes participar no máximo órgano de direción, a asemblea xeral (congreso), con dereito a intervir nos debates e votar].
Na elección do consello nacional os votos confirmaron as previsións:
* A candidatura do actual número un do BNG e vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, co apoio da Unión do Povo Galego (UPG), recolleu o 62,5 % dos votos: polo que terá 31 representantes no consello;
* Encontro Irmandiño, liderado por Xosé Manuel Beiras, sumou o 17,1 % dos votos: 9 representantes;
* A lista promovida por Camilo Nogueira, Alternativa, o 11,1 %: 5 representantes, e
* A proposta de Movemento pola Base, o 9,3 %: 5 representantes.

O informe político da dirección foi aprobado polo 74 % dos reunidos.
INFORMACIÓN polo miudo, na web do BNG e tamén en VIEIROS NOVAS, que ofrece ligazóns con varios textos de interese.
CON ANTERIORIDADE: "Si el BNG no existiera habría que inventarlo".

a veces pienso que si no estuviese tan fraccionado, el bng sería el partido gallego más potente. nunca se sabe.
ResponderEliminar