15 abril 2013

A téxtil Caramelo suspende pagamentos e anuncia un ERE con 5 millóns da Xunta no peto

Coa lección de Pescanova aínda fresquiña, hoxe os galegos espertaron un pouquiño máis á realidade con outro éxito empresarial: a firma téxtil Caramelo ven de presentar concurso de acreedores; máis clariño: suspende pagamentos [o cambio da denominación deste procedimento xurídico foi outra vitoria dos partidarios do políticamente correcto].
Hai tres anos, cando o ex-construtor e hoxe experto en inversións [...en Panamá e outras xeografías] Manuel Jové Capellán mercou a maioría das accións de Caramelo, o Goberno galego respaldou a iniciativa do empresario coa concesión dun "préstamo participativo" [compra de accións] por valor de 5 millóns de euros, más avais para cretos bancarios por valor de alomenos 25 millóns de euros.
A finalidade e xustificación do "préstamo participativo", segundo dixeron desde o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), foi un proxecto para abrir mercados no estranxeiro. 
O novo accionista de referencia correspondeu á aportación de cartos públicos botando á rúa a 237 traballadores.
[A Xunta, a modo de garantía dos 5 millóns de euros, é titular do 7% das participacións da sociedade anónima; é decir, se Caramelo non saíra do burato e desaparecera, a caixa pública galega moi difícilmente recuperaría os cartos do chamado "préstamo participativo"]
..
Jove (a dereita) e Fernando Martín, presidente de Martinsa,
compañía que mercou a construtora do galego, Fadesa 
Das axudas públicas ao ERE
O "préstamo participativo" máis os avais da Xunta e os 237 despedimentos constitúen unha das máis rechamantes demostracións da sensibilidade social do Goberno de Núñez Feijóo.
Por riba, agora Caramelo non só suspende pagamentos [a traxectoria empresarial do ex-construtor é un rosario de impagamentos aos acreedores], senón que por riba anuncia a tramitación dun expedente de regulación de emprego (ERE). 
Os voceiros da compañía xustifican esas medidas pola forte caída das ventas rexistrada nons últimos meses, de xeito especial en España, e engaden que a empresa rexistra «perdas de explotación» desde hai anos [logo, á vista das perdas ou da mala xestión, que fixo a Xunta para recuperar os 5 millóns de euros dos contribuintes, ou alomenos parte deles?].
Segundo Caramelo, Manuel Jove fixo «aportacións voluntarias» á sociedade por un valor total de 16 millóns de euros, que foron insuficientes para facer fronte á «crise de consumo» alegada.
Despois de coñecer que a dirección de Pescanova agochaba perdas e outros datos fundamentais aos accionistas minoritarios e máis as estranas ventas de accións do presidente da firma pesqueira, compre que o Igape, na súa calidade de accionista minoritario de Caramelo, esixa información detallada das contas e das decisións, e tamén estude con rigor a posibilidade de impedir un novo ERE.

MÁIS detalles e versións dos feitos, en:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NOTA: ImP no publica injurias ni imputaciones de faltas o delitos sin aportar pruebas ni referencias judiciales o sentencia.
Sólo serán publicados los anónimos que a criterio del administrador sean de interés.