Hai asuntos nos que é máis práctico e obxectivo deixar a política partidaria no caixón. Hoxe, en Galicia, coido que a maioría dos cidadáns temos razóns para celebrar unha pequena [moi pequena!] festa cultural co gallo da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza que, ao marxe doutros detalles, confirma que é ilegal que a Administración ceda competencias aos país e nais no ámbito do ensino público.
A sentenza nega a lexitimidade e a legalidade á decisión do Goberno autonómico que preside Núñez Feijoo de renunciar á responsabilidade cultural de garantir que os nenos e nenas residentes na comunidade estuden, sen excepcións, nas dúas linguas habituais: a propia do país, o galego, e máis a lingua franca do territorio do Estado español, o castelán [subliño castelán: "Controversia emponzoñada: ¿Castellano o español?"].
A sentenza nega a lexitimidade e a legalidade á decisión do Goberno autonómico que preside Núñez Feijoo de renunciar á responsabilidade cultural de garantir que os nenos e nenas residentes na comunidade estuden, sen excepcións, nas dúas linguas habituais: a propia do país, o galego, e máis a lingua franca do territorio do Estado español, o castelán [subliño castelán: "Controversia emponzoñada: ¿Castellano o español?"].
O resultado é tráxico, pois o Goberno galego está a contribuir de xeito grave á esnaquizar a lingua galega. Os feitos non deixan marxe á demagoxia: hoxe, en nove de cada dez escolas de primaria das cidades galegas a única lingua vehicular é o castelán.
O galego segue a perder falantes e a causa máis influinte desa traxedia é que as institucións públicas están a renunciar á súa obriga de protexer a cultura [subliño cultura].
Aínda que moitos medios de información neguen ou agochen a realidade, o certo é que o Estado español [Administracións central, autonómicas e locais] asiste case que impasible ao asasinato dun anaco fundamental da cultura de España [subliño España, entendida como territorio de convivencia e casa común, polo de agora...].
O Goberno de Núñez Feijoo, mesmo na contra da política de normalización lingüística consensuada cando Fraga Iribarne foi presidente da Xunta, recorreu ao argumento de que os país e nais son propietarios do seus fillos e organizou un xeito de referéndum para que escolleran a lingua no ensino infantil... E por que non deixar que sexan tamén os país e nais decidan ou elixan outros contidos e coñecementos?
Nembargantes, a festa que merece a decisión dos maxistrados non terá foguetes, pois o conselleiro de Educación xa anunciou que o Goberno galego manterá o principio de que a lingua, só a lingua, é un ben cultural de ámbito e propiedade familiar, como o lavado da roupa ou a cor das cortinas do salón... [De interese: "Los idiomas, la enseñanza y las libertades de los padres-propietarios"]
INFORMACIÓN sobre a sentenza e as reaccións, en El progreso, Faro de Vigo, GALICIA CONFIDENCIAL, Galicia hoxe, La opinión de A Coruña, La región, La voz de Galicia e PRAZA PÚBLICA.
DE INTERESE: "O galego está enfermo", por Pablo Vaamonde.
DE INTERESE: "O galego está enfermo", por Pablo Vaamonde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NOTA: ImP no publica injurias ni imputaciones de faltas o delitos sin aportar pruebas ni referencias judiciales o sentencia.
Sólo serán publicados los anónimos que a criterio del administrador sean de interés.