Artigo publicado en GALICIA CONFIDENCIAL.
Para polémicas absurdas, a que manteñen o goberno central de España e o autonómico de Cataluña, máis algúns membros da Comisión Europea. A hipotética independencia de Cataluña é pouco máis que un desexo e, nembargantes, algúns xa están a pegar tiros dialécticos e, por riba, difunden parvadas.
Aínda que hoxe ese debate teña a mesma utilidade que falar do sexo dos anxos, as posicións xa están polarizadas.

Os voceiros da España de siempre e da Catalunya espoliada plantexan alternativas tan infantís como irreconciliables con relación á Unión Europea (UE): uns defenden o dereito do hipotético Estado catalá a manter aos seus cidadáns dentro dela e os outros, o dereito do Estado español a esixir que os ex-españois sexan expulsados da UE.
O certo é que o Tratado da Unión non prevé nengún procedimento para facer fronte á segregación de parte do territorio dun Estado membro.
[O único precedente que xerou debate na Unión non afectou a un Estado membro. Co gallo da segregación da provincia serbia de Kosovo, só sete países socios da UE se manifestaron reacios á declaración unilateral de independencia de Pristina e hoxe, só cinco dos vintesete socios seguen sen recoñecer ao novo Estado]

Ese baleiro legal tamén ten provocado un debate en Gran Bretaña, onde, mesmo desde o Partido Conservador (irmán ideolóxico do PP español), os xuristas, politólogos e responsables públicos que se teñen pronunciado sobre a posible segregación de Escocia coinciden en que se os independentistas gañaran o referéndum (o Goberno do Reino Unido aceptou a convocatoria dunha consulta), Bruxelas e Londres farían o que fose necesario para que o novo Estado poidera manter a calidade de socio da Unión de xeito case que automático.
Compre non esquecer que as institucions da UE son as máis interesadas en conservar o seu espazo: os seus mercados!
En España o maniqueísmo fai que o debate sexa máis sinxelo e tamén máis irracional. A España de siempre necesita inimigos, mesmo lles subministra vitaminas cando perden forza, pois se morren desaparecería unha das esencias da patria…
Pola súa banda e por motivos de longa explicación, os dirixentes da Catalunya espoliada decidiron que neste intre convén ter un só problema: Madrid.
Pola súa banda e por motivos de longa explicación, os dirixentes da Catalunya espoliada decidiron que neste intre convén ter un só problema: Madrid.
A polémica non é xurídica, senón política e tamén moi oportuna.
Cando sexa necesario, as segregacións terán solución no ámbito da UE, que ninguén o dubide.
Mais aquí e agora, no Reino de España, ese debate só serve para que o medo á unha hipotética guerra reduza a desesperación que está a xerar a realidade cotiá.
Mais aquí e agora, no Reino de España, ese debate só serve para que o medo á unha hipotética guerra reduza a desesperación que está a xerar a realidade cotiá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NOTA: ImP no publica injurias ni imputaciones de faltas o delitos sin aportar pruebas ni referencias judiciales o sentencia.
Sólo serán publicados los anónimos que a criterio del administrador sean de interés.