23 diciembre 2012

Na Galicia ven de ser atopado outro "petroglifo" de alto valor histórico

Artigo publicado en GALICIA CONFIDENCIAL.

Hai moito tempo que non tiña acceso a un documento histórico da relevancia do que veñen de difundir GC e outros medios galegos: As declaracións da señora Amalia, a muller residente en Ferrol que chamou á Radio Galega e amenazou ao xornalista con reclamar ao presidente da Xunta que poña límites ao uso do galego na Radio Galega.
É moi probable que vostedes, como eu, despois de ler ou escoitar a conversa que mantiveron a señora Amalia e o xornalista Alberto Freire pensaran ter lido ou escoitado unha cousa extraordinaria, excepcional, mesmo increíble… Será unha broma do condutor do programa Pensando en ti?
Perón, supoño que como todo o mundo, despois de comprobar que estaba esperto, decidín utilizar o cerebro (servizo que aínda é gratuíto) é comprobei que non é un caso excepcional. Lembro conversas mantidas con algunhas das persoas que tratei ou trato na cidade onde resido, A Coruña, e noutras localidades galegas e, con tristura, recoñezo que escoitei moitas veces, demasiadas!, afirmacións semellantes ás da señora Amalia.
.. 
Un rastro da prehistoria 

[Permítanme unha paréntese: urxe enviar copias do audio ás facultades de Historia, Socioloxía e Política das universidades galegas. E tamén ás estranxeiras!, pois o valor dese documento medrará co tempo e ao paso de catro ou cinco xeracións os científicos poderán utilizar a testemuña da señora Amalia para explicar unha das causas de que só queden uns centos de persoas que falan galego nalgunhas comarcas que, por riba, case que están despoboadas, O Courel, Ortegal, Terra Cha e A Limia, entre outras]

Mais a señora Amalia non só deixou probas irrefutables dun grande desprezo pola cultura e da agresividade do ultranacionalismo español, senón que tamén "certificou" que un sector da sociedade galega (ela é veciña do país) ten a convición de que para ser un respetable cidadán do Estado español é preciso falar castelán.
O valor do documento é aínda maior se temos en conta que a señora Amalia tamén bota luz no eido da ideoloxía: «Yo no soy de izquierdas, por supuesto, soy española y me gusta hablar en español…»
É decir, para ser un bo cidadán do Estado español é preciso falar en castelán e tamén ser de dereitas.
..
¿Español?... Unha denominación política 
Por último, non quero cansar aos letores cas miñas lucubracións, compre engadir que, ao marxe de que a Real Academia Española (RAE) renunciara aos criterios lingüísticos (científicos) que xustifican a súa existencia, o idioma español non existe, trátase dunha denominación oficializada pola RAE que ten unha orixe estrictamente política. O idioma ao que se refire a señora Amalia chámase castelán, que é a lingua franca do territorio que abrague o Estado español e das ex-colonias do finiquitado imperio [en Canadá fálase o inglés, non o canadiano e na illa de Mauricio, Estado soberano, no se fala o mauriciano, senón o francés; etcétera e etcétera].
E insisto, o audio coas manifestacións da señora Amalia non só é unha proba socio-política das perversións que sufre a cultura e por extensión, Galicia, senón que por riba ten valor historiográfico e convén darlle merecido trato e conservación (mellor ca do Códice Calixtino, por favor).
Confío que o presidente da Xunta dea resposta axeitada á señora Amalia e que Alberto Freire, o interlocutor da españoleira, non sufra represalias polo seu rigor xornalístico e profesional paciencia.

3 comentarios:

  1. se non fora porque sei que non és novato no tema, dría algo así como 'benvido!'

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Unha exposición sinxela dos feitos e das razóns, ¡como quen ven de descobrir a sopa de allo!, fai máis comprensíbel a mesaxe.
      Saúdos.

      Eliminar
  2. It is really informative and quality of the content is extraordinary. Thanks for sharing this post.

    Mejores Libros De Ficción

    ResponderEliminar

NOTA: ImP no publica injurias ni imputaciones de faltas o delitos sin aportar pruebas ni referencias judiciales o sentencia.
Sólo serán publicados los anónimos que a criterio del administrador sean de interés.