11 agosto 2011

Os cidadáns da Coruña teñen un "importantísimo" problema de comprensión, segundo a concelleira de Cultura

Nunha entrevista que ven de publicar o xornal El ideal coa concelleira de Cultura da Coruña, Ana Fernández (PP), o xornalista preguntou:
→ ¿Hay que potenciar que venga gente de fuera por eventos culturales?
Ao que a concelleira respostou:
→ Esto es algo importantísimo. Hasta ahora [en alusión al anterior gobierno local, formado por PSdeG y BNG] se estuvieron programando cosas demasiado gallegas. Yo creo que se deben ofertar cosas de aquí, evidentemente, pero también programar otras cosas. Lo importante es que para que te interese la cultura tienes que entenderla, y tiene que estar en un idioma que entiendas.
..
Falar é doado
Hai quen xa ten acusado á concelleira de desprezo á cultura galega; nembargantes, a concelleira non precisou a que língua se refire: pode ser o italiano das operas que subvenciona o concello, ou quizáis o inglés, que é a lingua da maioría das letras das pezas musicais que interpretan os grupos de rock ou de jazz; aínda que tamén poidera ser o galego...
Perón, o máis probábel é que a concelleira se refira ao castelán, que é de longo o idioma máis utilizado nas actividades culturais e tamén nas festas, que era o asunto do que estaban a falar a xornalista e a concelleira.
Chegar a conclusión de que o problema é o castelán é o máis lóxico e racional, porque se o asunto é "importantísimo" --así o dimensionou a entrevistada--, só pode ter raigames no idioma predominante, que o único que pode provocar tan "importantísima" falla de comprensión.
Os moi limitados espazos que ocupa o galego e os aínda máis reducidos dos idiomas italiano, inglés, francés, catalá e outros non teñen entidade para se converter nun asunto de "importantísimo" interese institucional.
Haberá que estar atentos ás solucións que poidera aprobar o Goberno local para mellorar a capacidade de comprensión dos coruñeses...
[A incertidume foi breve, pois horas despois de saír as rúas El ideal, a proposta máis comentada --que algúns xa teñen presentada como "a solución final"-- consiste en aprobar unha ordenanza municipal que impoña a traduzón ao castelán das letras das óperas, das pezas teatrais, das cancións rockeiras, do pop e de todas as expresións verbais ou escritas dos artistas que veñan á Coruña contratados ou subvencionados polo concello]
→ Thanks!
→ Pas de quoi...
..
ACTUALIZACIÓN (horas después de insertar el post):
As declaracións da concelleira do PP teñen provocado unha forte reacción nas redes sociais [Twitter: #cosasdemasiadogallegas] e case que todos os comentarios son críticos. Segundo Fernández os cidadáns están a facer unha «intepretación errónea» das súas palabras.
Vexamos, a concelleira dixo que os anteriores responsabeis municipais de Cultura «estuvieron programando cosas demasiado gallegas», opinión que reforzou ao engadir que «lo importante es que para que te interese la cultura tienes que entenderla, y tiene que estar en un idioma que entiendas»; frases que só teñen unha interpretación.
En resumo, a concelleira ten unha "importantísima" falla de compresión, pois din unha cousa e cre ter dito outra.

1 comentario:

NOTA: ImP no publica injurias ni imputaciones de faltas o delitos sin aportar pruebas ni referencias judiciales o sentencia.
Sólo serán publicados los anónimos que a criterio del administrador sean de interés.