06 febrero 2008

La "furia" pro palestina del BNG y la anti-historia

Hay ocasiones en que uno preferiría pasar de puntillas sobre determinados asuntos, máxime cuando la racionalidad ha sido marginada y la víscera confunde a los que polemizan. Recientemente, en el Parlamento Galego se presentó una iniciativa --con el respaldo del PP y del PSdeG-PSOE-- para recordar y condenar la barbarie hitleriana (aniversario de la Soah). Pero el otro grupo parlamentario, el Bloque Nacionalista Galego (BNG), rechazó el texto al proponer, alternativamente, una declaración que condenaba el holocausto nazi pero aludía a la actitud de Israel en el actual conflicto de Oriente Próximo.
Lógicamente, la Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) criticó la actitud del BNG, entre otras cosas porque mezcla churras con merinas.
A su vez, el BNG replicó justificando su negativa a recordar el holocausto, pilotando otra vez la máquina del tiempo e insistiendo en dos errores:
Primero, confundir Estado de Israel con los ciudadanos israelíes y a todos estos con los de religión judía;
Segundo, comparar el origen de las masacres y las propias matanzas nazis del período 1933-45 con el conflicto actual de Oriente Próximo.
En la trastienda del actual rifirrafe subyace una polémica anterior: Hace unos meses, un sector de la dirección del BNG satanizó e insultó a los nacionalistas gallegos que participaron en la puesta en marcha y consolidación de la Asociación Galega de Amizade con Israel.
La furia pro palestina hace estragos desde hace años y años en la mayoría de formaciones de la izquierda europea, que sigue, erre que erre, lavando la cara de la clase dirigente palestina pese a que los delirios de numerosos dirigentes de la OLP y de bandas como Hamás agravan la situación de los palestinos y bloquean --junto a los judíos fundamentalistas y a la derecha israelí-- toda solución al conflicto.
La polémica, no obstante, no es nueva ni exclusiva del BNG.
Las confusiones y las interpretaciones interesadas del conflicto árabe-israelí ya forman parte del paisaje psicosocial de la política europea. En todo caso, sería de agradecer que los participantes en esa polémica guadiana leyeran más libros de historia y antepusieran los hechos a la defensa de posiciones partidarias.
ENLACE de interés:
"A vella (e útil) histeria colectiva", en O RUÍDO DOS DÍAS, texto en el que se aborda la decisión de un destacado militante del BNG de abandonar la formación a causa de la actitud visceralmente anti-israelí de la dirección del Bloque.

8 comentarios:

  1. Madre mía. Si no nos ponemos de acuerdo ni sobre nuestra propia historia nacional...
    ¡Qué infantil se me antoja todo este maniqueísmo!

    ResponderEliminar
  2. Coma vostede ben alude, nestes temas é moi doado caer en atitudes visceráis, e diso non nos libramos case ninguén.

    Eu taménn creo que foi un erro da AGAI aludir ao BNG coma unha organización negacionista, no sentido en que a ningún militante do Bloque se lle pasaría pola cabeza negar a masacre nazi. O que acontece, e ahí si que tería sentido o calificativo, é que ao trazar unha simetría entre a Shoah e o conflicto árabe-israelí estarían, por unha banda, a quitar ferro ao nazismo, e por outra a dar cancha a esa idea claramente antisemita de que, en certo modo, as vítimas do nazismo o merecían con carácter retroactivo. Nese senso, a equiparación que a día de hoxe fai gran parte da esquerda entre o Estado de Israel e a Alemaña de Hitler incurre de cheo nese tópico.

    Dende o principio vin que isto tiña unha intencionalidade política moi clara. A dous meses dunhas elecións nas que se preve o descenso de votos, esta clase de arrebatos son un toque de coreta moi claro para un certo seitor do eleitorado que percibe que, dende que co-goberna o País, o BNG se abrandou. Tal e coma foi presentado o texto do grupo parlamentar, coma unha defensa dos palestinos (que non tiñan nada que ver), fronte aos pérfidos xudeus/sionistas/israelíes, entendo que isto se fixo para cohesionar á militancia e a esa parte do eleitorado. Se daquí a dous meses as cousas van coma se agarda, probablemente se lle vote a culpa ao inimigo en casa.

    Decía o diplomático israelí Edwin Yabo, nunha recente conferencia sobre negacionismo, que, anque por suposto non podía aprobalo, era comprensible que os políticos botaran man da xudeofobia cando as cousas van mal, porque nada cohesiona máis que o odio común. Do mesmo modo que algúns políticos e ideólogos de dereitas non teñen problema en asimilar inmigración e delincuencia, sen importarlles que estean a fomentar a xenofobia, na esquerda, dun tempo a esta parte, o Satán por excelencia leva a estrela de David.

    Apertas

    ResponderEliminar
  3. No me parece tan desacertada la comparación.

    ResponderEliminar
  4. A Julicheiro: Coñezo a súa blogue e os seus razonamentos --que merecen creto por iso, porque son razonamentos--; sei tamén que nin a AGAI nin o BNG tiñan a intención de reduci-lo debate a unha cuestión étnica nin relixiosa, pero o BNG está a facer unha cousa que non ten xustifación: simplificar atá a perversión o coñecemento da realidade, pode que sexa coa finalidade que vostede apunta --manter a unidade ideolóxica ou sentimental da militancia--; se así fora, as opinións do BNG co respecto ao conflicto de Leste Próximo teñen o mesmo valor que o dogma dun "catolicista".
    Teño a esperanza de que o partido máis representativo hoxendía do nacionalismo galego saiba saír desa ofuscación. Teño moi bos amigos nacionalistas que sinten vergonza polas simplificacións nas que se perde ás veces o BNG, e polo de agora manteño a miña impresión --xa sei que impresión non é razón-- de que o BNG abandoará a "furia" pro palestiniana e outyras "furias", e que as substituirá por unha actitude constructiva e de futuro, na que os pobos non sexan símbolos senón persoas.
    Por certo, é unha honra que vostede visite a miña bloque e subscribo en grande medida as súas argumentacións.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  5. Eu tamén espero que as cousas se vaian normalizando co paso do tempo, porque estas atitudes de revolucionarios de cafetería de facultade poden dar impresion de coherencia de portas adentro, pero de cara á sociedade fannos quedar coma uns primitivos.

    E teña claro que a honra é miña. Levo seguindo Im-Pulso dende o seu post sobre o affaire de Pedro, e sempre valorei a súa capacidade de pensar dende posicións progresistas sen ataduras dogmáticas. Non son moi dado a halagar á xente, máis neste caso creo que é de lei recoñecelo.

    Apertas.

    ResponderEliminar
  6. Julicheiro, non podo compartir a súa percepción da realidade. Ou caeu vostede na trampa, ou quere facer que nos caiamos nela.

    Segundo dixo, gran parte da esquerda:
    “[...] estarían, por unha banda, a quitar ferro ao nazismo, e por outra a dar cancha a esa idea claramente antisemita de que, en certo modo, as vítimas do nazismo o merecían con carácter retroactivo.”

    Non é así, a lo menos non na miña aldea.

    Non penso que haxa ninguén no BNG, e coñezo uns cantos militantes, que faga súa esa afirmación. De feito, xa que a fai extensiva a “parte da esquerda”, grande ou miúda, teño que dicirlle que non sei a quen terá vostede a súa esquerda. O meu carón non hai besta semellante.

    A presentación do texto foi, ó meu entender, unha manobra argallada polo PP para propiciar un editorial como o seguinte, de “Libertad Digital”:


    El BNG -partido que, como el nazi, es nacionalista y socialista a un tiempo- se retrata dejando en carne viva de qué está composta la ideología que profesa.


    Ou o editorial do inmundo en “El Mundo”:

    Los “naziños” de ZP


    Eu non son do BNG, nin tan sequera de preto, pero considero un aldraxe, unha cambadela vergoñenta o feito de propor un texto que sabes que o BNG vai rexeitar, e logo acusalo de xudeofobia.

    Se non apoias o meu texto, eres nazi. Se discutes a unidade de España...terrorista, ou amigo dos terroristas. A mesma merda do mesmo merda.


    Señores, imos ser un chisco máis honrados nas nosas valoracións, aínda que sexan valoracións do adversario. Eu non aturo o BNG de hoxe, pero chamarlle “nazi”, ou dicir que pretende “quitarlle ferro o nazismo” e aínda xustificar o holocausto é unha acusación noxenta. É precisamente a demonización do contrario da que fala a cabeceira desta páxina.

    Non sexamos tan “naïfs”. Hoxe en día, o movemento de lembranza do Holocausto é utilizado polo Estado de Israel para promover o semitismo, isto é, a ocupación de Palestina como patria dos xudeus. Os sucesivos gobernos israelís usan os mortos xudeus nos campos de concentración e exterminio, nos guettos, ou mesmo nun descampado o final dunha vila...para xustificar posicións políticas actuais, que contravén a Resolución da ONU 181 e afirma a ocupación “manu militari” da totalidade da Palestina, máis aló do 54% de territorio que lle foi concedido por dita resolución.

    Mortos que non son seus. Que eran cidadáns alemáns, franceses, polacos, holandeses, checos...

    Na resposta que o portavoz Carlos Aymerich deu o texto sostén, como non pode ser doutro xeito, o rexeitamento expreso os crimes nazis (non se lle pode acusar de negacionismo, entón) pero, pola outra banda, lembra que a razón pola que os crimes contra os xudeus deben ser condenados é a mesma pola que merecen o rexeitamento xeral o tortura, os crimes e a ocupación de territorios que fai o Estado de Israel: os Dereitos Humanos.

    Porque condenar hoxe o nazismo é sinxelo. Calquera pode facelo, incluso o inmundo articulista. Hai 60 anos, non había tanto valentes, non. O difícil é condenar HOXE os crimes de HOXE, iso é bonhomía.

    ¿De que serve condenar agora o nazismo? ¿A santo de que, no parlamento galego, temos que condenar o nazismo? Pois moi ben, o nazismo, e as matanzas de Pol-Pot, e se queres o asasinato de César.

    O que compre é condenar os crimes que se están a cometer hoxe, no caso de Israel no nome das vítimas nazis.

    Por certo: o verdadeiro inimigo do Reich non era o pobo xudeu: senón o pobo eslavo. No seu réxime de terror morreron moitos máis eslavos que xudeus. A parte de comunistas, xitanos, homosexuais, diminuídos psíquicos...

    É magoa que todos estas vítimas do fascismo non teñan tan boa prensa, e tan bos propagandistas como os xudeus.

    ¿E chineses? A moreas. Decenas de millóns. ¿Que tal un día que lembre o xenocidio que fixo o belicismo xaponés co pobo chinés?

    Non nos fagamos os inxenuos, que todos sabemos que a proposta do PP ía con carga explosiva no seu interior. E sobre todo, non lle fagamos o xogo, non dese xeito tan vergoñento. Que de non apoiar o sionismo, a xustificar “con carácter retroactivo” os crimes nazis vai unha andaina.

    ResponderEliminar
  7. Eu mesmo, ainda simpatizando en parte coa poboación palestina, son capaz de valorar a diferencia (iba decir "sutil" pero e que de sutil no ten nada) entre o exterminio de xudeus na Europa da primeira metade do século XX e o problema palestino-israelí da segunda metade dese século e o que levamos deste.

    Igual agora non hai solución e o problema radica en que a ONU igual non debeu "regalar" nunca un territorio a unha "confesión relixiosa"... non sei... é un decir. O caso é que polas malas o asunto non vai ter solución, e polas boas con moitísimos atrancos.

    A postura do sector dominante no BNG pode responder ao que a eles lles pete pero, a min en particular, non me dí nada bó do seu partido. ¡Radicalismos para quedar ben con certo tipo de posibles electores... a bóas horas!

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  8. Es verdad que se oyen por todas partes comentarios inapropiados, fruto del desconocimiento histórico.

    ResponderEliminar

NOTA: En ImP no se publicarán injurias ni difamaciones, ni tampoco imputaciones de faltas o delitos sin aportar pruebas, datos judiciales o sentencia.
Sólo se publicarán los anónimos que a criterio del administrador sean de interés.