Hoxe, o xornal Novas da Galiza celebra unha década de vida e traballo cunha festa en Santiago. Os seus editores din estar dispostos a seguir crecendo «co obxectivo de se converter en semanario e profesionalizar a súa redacción», segundo ten subliñado o director, Carlos Barros.
Nunha Galicia e nunha Europa na que os medios --¡todos!, ao marxe da súa difusión, dimensións e liña editorial-- están a vivir un perigoso retroceso e se suceden os peches e a perda de empregos, esta celebración é unha nova moi positiva.

Por riba, Novas da Galiza ofrece unha visión do país e serve a un sector da sociedade galega que sofre constantes desprezos; razón pola que, ao marxe de opinións políticas, ideoloxías e sentimentos, aínda é maís importante a continuidade da publicación, pois a liberdade de expresión e información --e polo tanto a liberdade mesma-- só é real se todos, sen excepcións, teñen garantido o dereito e a posibilidade de pensar en voz alta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NOTA: ImP no publica injurias ni imputaciones de faltas o delitos sin aportar pruebas ni referencias judiciales o sentencia.
Sólo serán publicados los anónimos que a criterio del administrador sean de interés.