03 octubre 2012

PontevedraViva: "Queremos contarche o que pasa ao lado de casa"

Estes días os internautas pontevedreses e galegos en xeral que están interesados na información local e comarcal están de noraboa: nace PontevedraViva.
Os responsables do novo medio teñen as ideas ben claras:
«Internet revolucionou o xeito de consumir información. O xornalismo atópase nun dos momentos máis importantes da súa historia. Os lectores demandan cada vez máis unha información rápida, case inmediata pero ao mesmo tempo veraz e fiable. Este cambio de filosofía e tamén de formatos está a provocar unha reestruturación sen precedentes nos medios de comunicación tradicionais.
«Queremos contarche o que pasa ao lado de casa, con rigor, con seriedade e, sobre todo, con profesionalidade. O lema do último Día Mundial da Liberdade de Prensa reivindicaba que "Sen xornalistas non hai xornalismo. Sen xornalismo non hai democracia". Dende PontevedraViva queremos defender a liberdade do oficio, o seu valor para a sociedade, pero non como unha afección ou unha paixón, que a é para os que pertencemos a este proxecto, senón como unha profesión».

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NOTA: En ImP no se publicarán injurias ni difamaciones, ni tampoco imputaciones de faltas o delitos sin aportar pruebas, datos judiciales o sentencia.
Sólo se publicarán los anónimos que a criterio del administrador sean de interés.