Nos telexornais de TVE, España é Madrispaña e pouco máis.
Só hai corrupción na comunidade autónoma de Madrid; só hai cultura en Madrid; só hai treboadas, ciclóns e nevaradas en Madrid; só hai novas sociais, económicas ou políticas de interese na ¡capital! e, ás veces --¡só ás veces!-- sae Catalunya porque morreron catro rapaces nun polideportivo, ou Euskadi grazas á ETA, ou Cantabria porque unha onda superou os vinte metros, ou algunha outra comunidade porque hai eleccións autonómicas... e de cando en vez Galiza!, ben sexa porque houbo unha traxedia no mar ou ben por algunha nova vella lenda do apóstolo...
Se reducíramos as nosas fontes informativas aos telexornais da TVE, os que residimos na Galiza nada saberíamos do que está a pasar en Andalucía, Aragón, Castela, València ou mesmo nas veciñas Asturies e Llïon.
Agás os residentes en Madrid, o resto dos españois somos ¡poboación de provincias! e, polo tanto, informativamente só temos valor se hai mortos, se un equipo de fútbol da comunidade ten a ousadía de gañar ao Real, ou se hai unha manifestación na defensa do "español"!
[Se a movilización é na defensa da língua do país o interese da nova é de ámbito galego, pero se a convocatoria é na defensa do español --e decir, do castelán-- o feito é de alto interese nacional...]
Esa invisibilidade do conxunto do mosaico español é unha proba --só unha máis-- de que á hora de identificar e facer fronte aos problemas inter-territoriais das Españas tamén hai que falar, e moito!, de Madrispaña.
En resumo, aínda que os comentaristas e columnistas orgánicos non teñan a honestidade de recoñecelo, hai probas dabondo de que o embigo Madrid --non os madrileños!-- é un máis dos atrancos que sofre o futuro das Españas, cicáis o máis complexo.
..
..
Criterios informativos?... onde?
Hoxe mesmo, hai un anaco ven de rematar o telexornal da TVE e a cola do ciclón que mañán luns chegará a Galicia mereceu 15 segundos... E supoño que tamén habería informacións do resto das provincias que tiñan entidade suficiente para ser coñecidas polo resto de cidadáns... Pola contra, veña gastronomía de elite, novidades discográficas comerciais, etcétera e etcétera.
Polo tempo adicado a cada capítulo, tralas novas de Madrid ou vencelladas á capital, veñen os deportes profesionais practicados por multimillonarios, despois va o entretenimento e, no tempo da basoira, as cousiñas das provincias.
Na TVE, e tamén en moitas cacholas, España é Madrid máis as súas provincias: ¡Madrispaña!
NOTAS:
1. O resto de canles de TV de ámbito español son privadas e, polo tanto, aínda que tamén están a confundir España con Madrid, non teñen unha responsabilidade socio-política comparábel coa dun medio de información público.
2. Na contra do que están a recriminar os autores dalgúns correos que teño recibido, eu non milito nun partido nacionaista galego; coido que non fai falla ser nacionalista para concluir que segundo a TVE vivimos en Madrispaña.
1. O resto de canles de TV de ámbito español son privadas e, polo tanto, aínda que tamén están a confundir España con Madrid, non teñen unha responsabilidade socio-política comparábel coa dun medio de información público.
2. Na contra do que están a recriminar os autores dalgúns correos que teño recibido, eu non milito nun partido nacionaista galego; coido que non fai falla ser nacionalista para concluir que segundo a TVE vivimos en Madrispaña.
CON ANTERIORIDADE:
* "Doña Esperanza mira de reojo hacia Galicia",
* "El Tribunal Supremo... ¿de España o de Madrid?", y
* "Unión y Madrid, Fenosa y Galicia".
* "Doña Esperanza mira de reojo hacia Galicia",
* "El Tribunal Supremo... ¿de España o de Madrid?", y
* "Unión y Madrid, Fenosa y Galicia".
Etimologicamente as "provincias" som "pro-vinci", é dizer, para os vencidos. Parece que em Madride o tomam ao pe da letra.
ResponderEliminarJá verás que pouco tardam em aparecer sabios madrilenhos decindo que em Galiza há um problema lingüistico inmenso por culpa da intolerância dos radicais, igual que cuando deciam que os galegos se estabam batusunizando porque catro rapaces lhe berraram outras tantas barbaridas a San Gil.
Amén. Levo anos pensando exactamente iso. Despois queixámonos de que si os nacionalismos tal, os nacionalismos cual, grazas a ese xeito de ver o estado os nacionalismos máis viscerais sobreviven.
ResponderEliminarEstou dacordo, Félix. De feito xa o teño tocado en A Lareira Máxica. Iso me pregunto. Nos deportes tamén pasa: antes falábase do Madrid ou do Barcelona. Agora, vaia como vaia, adican programas enteiros -ou case- para falar dun so equipo: O da capital...
ResponderEliminarEntendo que onde se deciden as cousas está en Madrid. Ben, pero non todo acontece alí. Fatal un verdadeiro enfoque de España como tal. Curiosamente nos pseudoinformativos de hoxendía (máis "noticias" curiosas e de adorno) non se escamotea tempo.
Pero ó tema: ¿por que se centra o tempo en Madrid? (hoxe choveu e fai mal tempo en Madrid...Bueno, de nós sempre se acordan para equivocarse co conseguinte enfado hosteleiro...), o xa comentado deporte, e un longo etc.
Por favor, que parecemos que os EEUU están en Madrid...
Un saúdo, amigo
Carpe Diem
Demasiado etnocentrismo informativo.
Un saúdo, amigo
Carpe Diem