07 noviembre 2011

20-N: "As campañas electorais son un estado de excepción do dereito de informar"

Baixo o epígrafe Os Colexios de Xornalistas consideran que as campañas electorais son un estado de excepción do dereito a informar, os colexios profesionais de Catalunya, Galicia e Murcia teñen asinado un manifesto que polo seu interese social paga a pena ler. O primeiro parágrafo din así:
«A principal medida desta especie de estado de excepción é a imposición dos bloques de información electorais nos medios audiovisuais. Tal e como os Colexios veñen sostendo nos recursos que interpuxeron en distintas instancias xudiciais, e como se reiterou no recente manifesto Non todo o que é legal é xusto: Non aos bloques electorais, impulsado polo Col.legi de Periodistes de Catalunya, anular os criterios profesionais á hora de informar sobre as eleccións non é só un problema entre xornalistas e políticos, é un conflito que afecta a columna vertebral do sistema democrático».
LIGAZÓN ao manifesto, vía COLEXIO DE XORNALISTAS DE GALICIA.

1 comentario:

  1. E tamén son [as campañas electorais] unha maneira legal de protexer o bipartidismo, unha forma de protexer os intereses políticos e empresariais e a vía máis directa de eludir a pluralidade e o debate. Non quere isto decir que sexan, as campañas electorais, innecesarias, senón mellorables desde o punto de vista democrático. Apertas.

    ResponderEliminar

NOTA: En ImP no se publicarán injurias ni difamaciones, ni tampoco imputaciones de faltas o delitos sin aportar pruebas, datos judiciales o sentencia.
Sólo se publicarán los anónimos que a criterio del administrador sean de interés.