08 diciembre 2011

Só un de cada dous xornalistas galegos é asalariado fixo, a outra mitade traballa en precario ou está no paro

Un de cada cinco xornalistas galegos está no paro; cifra que se eleva a tres de cada dez entre os licenciados das dez últimas promocións. Nos últimos cinco anos, polo menos dous de cada cinco xornalistas galegos estiveron nalgunha ocasión sen traballo. 
Estes son algúns dos datos que reflicten o escenario laboral dos profesionais galegos da prensa, radio e TV, segundo o informe elaborado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, que foi presentado polo decano do colexio, Xosé Manuel Pereiro, e o director académico do estudo, Miguel Túñez, profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago.
Do informe compre subliñar outros tres datos puntuais:
* As mulleres seguen a ter maior presenza no ámbito laboral que os homes;
* O sector da prensa escrita é o medio no que se concentran máis profesionais, mentres que a prensa dixital segue a ser residual; e
* O 75 % dos que traballan como xornalistas son licenciados nesa especialidade.
En canto ao impacto da crise económica, máis dun terzo dos enquisados testemuñan que nas empresas houbo reducións salariais --ao redor dun 5 % do salario--, despedimentos e non renovación de contratos temporais, e tamén unha redución dos recursos materiais.
En xeral, a crise afecta á oferta de emprego, ás condicións de traballo e aos recursos, á calidade de vida e, polo tanto, a información está a perder calidade e credibilidade.
Por riba, as condicións laborais seguen a ser moi precarias, proba disto é que só un de cada dous  traballadores teñen contrato a tempo completo.
LIGAZÓNS:
Páxina web do Colexio Profesional de Xornalistas.
TEXTO relacionado: "Un novo xornalismo é posible", artigo de Xurxo Salgado sobre o libro La explosión del periodismo, de Ignacio Ramonet, en GALICIA CONFIDENCIAL.

2 comentarios:

  1. Cada vez que escribo algo no meu blog prantéxome se son competencia desleal para os periodistas... polo momento, sempre me contesto o mesmo: non. E a ambos nos afecta a apisonadora dos 'mercados'.

    ResponderEliminar
  2. A AGREMON,
    Los blogueros no competimos con los periodistas, aunque algunos así lo crean. Son cosas distintas. Y sí, en efecto, los mercados nos machacan a todos, seamos periodistas, blogueros, administrativos o albañiles.
    Un abrazo.

    ResponderEliminar

NOTA: En ImP no se publicarán injurias ni difamaciones, ni tampoco imputaciones de faltas o delitos sin aportar pruebas, datos judiciales o sentencia.
Sólo se publicarán los anónimos que a criterio del administrador sean de interés.