Satanizar, endiosar y creer es más cómodo y rentable que analizar, contextualizar y dudar

domingo, 18 de octubre de 2009

Primeira resposta social á xenofobia cultural do PP "galego"

Hoxe, entre 50.000 (segundo a policía local) e 100.000 persoas (segundo os convocantes) se manifestaron en Compostela a prol da lingua galega. [A miña percepción persoal é que a mobilización reuniu a 60.000/65.000 persoas].
A marcha tamén serviu para que o sector da poboación máis dinámico e respetuoso coa cultura dera resposta ás decisións do Goberno autonómico que preside Núñez Feijoo (PP), que ademáis de rachar coa Lei de Normalización Lingüística tenta converter o galego nunca asinatura residual no ensino, e limitar a súa presenza na Administración e na vida económica, cultural e social do país.
A convocatoria da plataforma Queremos Galego tiña o apoio de ducias de entidades e de todos os partidos con presenza social certa na Galicia, agás os nacionalistas españois PP e UPyD, e máis os grupos de ultradereita.
Compre subliñar que, ademáis das organizacións políticas nacionalistas galegas (BNG, UP-Nós, FPG, Terra Galega, etcétera) tamén deron apoio á convocatoria o PSdeG-PSOE e Esquerda Unida-IU.
DE INTERESE:
* Entrevista ao sociólogo Fermín Bouza, catedrático de Opinión Pública da Universidade Complutense e autor do blogue EL VOTO CON BOTAS, en "A campaña contra o galego vai resultar positiva", e
* "As zargalladas lingüísticas", por Anxo Tarrío Varela, vía AS UVAS NA SOLAINA.

2 Comentarios:

  1. Coincido coa tua percepçom persoal. Eu também estivem ali e vendo a densidade de xente que havia e acotando depois o percorrido na coa ajuda da web http://www.softmondo.com/SM/Manifestometro/Manifestometro.htm pode-se dizer que esta manifestaçom merecia mais espaço nos telediarios que a do aborto. Pero claro, para os media do reino uma manifestaçom massiva em "provincias" nunca pode ser mais importante que uma minoritaria na capital. Abraço.

    ResponderSuprimir
  2. A XURXO,
    Tes razón, a convocatoria á que asistimos persoas de moi variada ideoloxía (agás os ultranacionalistas españois) mereceu máis espazo nos informativos, máis aínda se temos presente que a polémica relixiosa e moralista sobre o aborto non é nova nin racional.
    Se facemos unha comparativa, os 60.000 manifestantes galegos (sobre unha poboación de 2,7 millóns) eran moito máis representativos que os 70.000 (aprox.) que acudiron á convocatoria do Vaticano (sobre unha poboación de máis de 40 millóns).
    Cicáis, a vindeira mobilizaicón tiñamos que facela ¡en Madrid!...
    Unha aperta.

    ResponderSuprimir

NOTA:
ImP no publicará injurias ni difamaciones, ni textos que imputen a una persona delitos penales sin aportar pruebas o mediar sentencia firme.