17 febrero 2012

O Igadi advirte do erro que supón facer de Galicia unha península que só toca "terra" na Moncloa

O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi) é a única entidade galega que ten amosada vocación, vontade e capacidade intelectual e científica á hora de traballar a prol da inserción de Galicia no ámbito internacional, cunha visión universalista --sen deixar de seren galega-- no eido das relacións xeopolíticas, sociais, económicas e tamén culturais.
Cando os técnicos do Igadi advirten o subliñan un detalliño nese campo do saber, é porque teñen elementos suficintes para facelo. 
Estes días, o Idadi ven de publicar o seu We in the world 2012-Nós no mundo 2012, o informe anual sobre a proxección do país, no que alertan da debilidade da acción exterior do Goberno que preside Alberto Núñez Feijoo (PP), que segundo reflicten as súas decisións aposta pola minimización da presenza de Galicia e dos seus intereses alén Pedrafita e mesmo na outra ribeira do Atlántico, a terra líquida que desde hai cinco séculos é unha ponte entre a Galicia europea e as Galicias arxentina, brasileira, cubana, uruguaia... etcétera.
O impulsor e responsable do Igadi, Xulio Ríos, un deses galegos que pensan e que cicáis por iso obteñen máis recoñecementos fóra da casa que no propio país, ven de salientar e lamentar que o Goberno galego "aposta polo repregamento, non soamente por razóns económicas derivadas fundamentalmente dos imperativos da crise, senón pola adopción dunha concepción diferente, mais conveniente para o caso, non consensuada, que reconduce e reduce a acción exterior a tarefas de promoción económica e preservación de fondos comunitarios".
Só é unha pinga, outra máis. ¿Cantas van?
MÁIS, en PRAZA PÚBLICA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NOTA: En ImP no se publicarán injurias ni difamaciones, ni tampoco imputaciones de faltas o delitos sin aportar pruebas, datos judiciales o sentencia.
Sólo se publicarán los anónimos que a criterio del administrador sean de interés.