A asemblea nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG) celebrada en Amio rematou hai xa uns días; nembargantes, polo regueiro de declaracións públicas, nas que abundan as alusións ás persoas, o debate segue aberto e a cita de Amio ten continuidade, de xeito que a xuntanza pode pasar á historia do BNG como o prólogo dun congreso permanente no que, por riba, o debate abriu a porta á polémica e, pior aínda, ás discusións persoais entre dirixentes, o que sempre alimenta as discusións entre os cadros e os militantes en xeral, paso previo ás rupturas.
O máis rechamante é que durante a xuntanza de Amio case que todos os intervintes subliñaron dúas cousas:
* A necesidade de facer unha análise e reflexión obxectiva da realidade socio-política e económica do país galego e que ese esenario fóra o eixo das decisións e, segundo,
* Houbo acordo xeralizado na conveniencia de manter a unidade da frente [esto é unha urxencia desde hai xa varios anos, pois a imaxe e mesmo a proxección social do BNG xa non é a dun "proxecto compartido", senón que gaña terreo a imaxe de coalición electoral e só coalición electoral. Compre, pois, ter presente este deterioro á hora de valorar as posicións dos partidos e movementos integrados no Bloque; de feito, o debate en curso está a certificar, entre outras cousas, que hai dirixentes que consideran que o país galego do 2012 ten mellor cor e saúde socio-política ca Galicia dos anos oitenta ou noventa e que a penetración social do galeguismo político xa non precisa dun referente que evite a súa desaparición institucional...].

Asemade, a xuntanza de Amio elexiu unha executiva que na súa composición foi inevitable a polémica:
* Sete representantes na executiva nacional da Alternativa pola Unidade (ApU = Unión do Povo Galego máis independentes afíns),
* Sete membros de Máis Galiza e de Encontro Irmandiño, que xuntaron as súas forzas para contrarrestar o poder da ApU, e
De xeito que os "oficialistas" (ApU) e os "críticos" [estas dúas definicións, entre comiñas, só teñen carácter nominal, non ideolóxico, e reflicten a percepción que teñen a maioría dos nacionalistas alleos ao Bloque] deixaron aberta a eliminatoria; e o MGS asumiu o risco de ser esnaquizado na primeira reunión da executiva... Agás que antes dela os da U, os beiristas e os da Terra Media esperten e recoñezan que están a converter a táctica en estratexia e, o máis perigoso, ás veces están a confundir o Bloque co país.
Ata hai uns días a maior responsabilidade para manter a unidade recaeu na UPG, pois foi a formación que durante máis tempo mantivo o aparato e tamén a que máis veces impuxo os seus criterios, o que fixo sen atender aos cambios que se produciran na sociedade galega e tamén en grande medida no seo do BNG.
Agora, rematada a asemblea, é difícil albiscar unha saída non traumática.

Aínda que sexa difícil dixerir a realidade, a situación de Galicia é tan precaria --mesmo demográficamente, e polo tanto tamén no eido humán e na vida cotiá-- que aquilo de tecer un "proxecto compartido" para o país, para a maioría dos galegos, é máis urxente hoxe que hai vinte anos.
LIGAZÓNS de interese para facer un seguimento non satanizador da actualidade e dos debates internos do Bloque: GALICIA CONFIDENCIAL e PRAZA PÚBLICA.
CON ANTERIORIDADE. "XII Asemblea do BNG: A fin do asembleísmo?"
CON ANTERIORIDADE. "XII Asemblea do BNG: A fin do asembleísmo?"
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NOTA: ImP no publica injurias ni imputaciones de faltas o delitos sin aportar pruebas ni referencias judiciales o sentencia.
Sólo serán publicados los anónimos que a criterio del administrador sean de interés.